Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación financia entidades labregas, agrarias e forestais da provincia

A Deputación da Coruña ven de adxudicar axudas a entidades labregas, agrarias e forestais da provincia.
deputacion-axudas-agrarias-slide-23-agosto-2021_r

Bisbarra, 23 de agosto do 2021 – A Deputación da Coruña ven de adxudicar axudas a entidades labregas, agrarias e forestais da provincia.

O importe total de esta liña de financiamento da Deputación alcanza os 117.329 euros. Os distintos colectivos e asociacións perciben asignacións que van dos 2.337 ata un máximo de 4.000 euros

O deputado de Promoción Económica, Blas García, sinalou que a liña de axudas do ente provincial permitirá “apoiar a un sector de grande importancia social e económica na Coruña e en toda Galicia”.

Este programa permitirá financiar novo equipamento, acondicionar infraestruturas e impulsar programas que melloren a comercialización de produtos propios. Son un total de 39 entidades as beneficiarias das axudas.

As axudas se destinarán a adquisición de nova maquinaria e equipos informáticos, a renovación de programas de xestión de custos e fincas, a mellora das instalacións, a arranxo de pistas forestais, peche de parcelas, colocación de drenaxes ou a programas de valorización da comercialización da produción propia en proximidade.

O Deputado Blas García

Algunhas das entidades participantes no programa, dentro da bisbarra de Compostela, son por exemplo a Comunidade de montes veciñais en man común Balouta e Fontecova para adquisición dunha biotrituradora de restos; a Comunidade monte veciñal en man común Abeixon e Carantoña de Tallara-Lousame que destinara a partida ao arranxo de pistas forestais e colocación de drenaxes; a Comunidade de montes veciñais en man común de Coto de Soñora en Rois para a creación de peche perimetral no monte veciñal; a Sociedade Cooperativa Galega Cuma de Xallas e Barcala para a compra de equipos informáticos e maquinaria; a Sociedade Cooperativa Galega de Ordes para a mellora de infraestructuras, aforro enerxético e posta en valor de produtos agrarios; ou Asociacións como a provincial de criadores de frisón, a Galega promotora de certificados forestais ou a forestal de Galicia para distintas cuestións.

Post navigation

Previous: Melide destina 15.000€ a axudas a prol da natalidade
Next: A Casalonga acende luces en contra dos proxectos para a canteira

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.