Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación e Cámara de Comercio colaboran no programa Provincia Emprendedora

depu corunha camara comercio santiago aulas emprendemento 28 novembro 2025

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, fomentará o espírito emprendedor entre a mocidade a través do programa Provincia Emprendedora, que nos dous primeiros meses de actividade xa alcanzou a máis de 340 estudantes.

Provincia Emprendedora ten como finalidade apoiar e promocionar o emprendemento e a actividade empresarial como ferramentas para a creación de emprego estable e de calidade, a xeración de riqueza e o desenvolvemento socioeconómico da provincia. Estrutúrase en tres eixos: dinamización do espírito emprendedor no ámbito educativo mediante Emprendendo nas aulas, servizo de apoio a autónomos/as e empresas na busca de financiamento, e información e asesoramento a persoas emprendedoras.

Emprendendo nas aulas busca fomentar o emprendemento e a cooperación entre a mocidade, ofrecendo apoio aos centros educativos en materia de competencias emprendedoras e transversais. As sesións planifícanse en coordinación co profesorado e adaptadas á idade e necesidades do alumnado, ofrecendo un complemento á actividade docente.

Ao longo do curso académico 2025-2026 están previstas máis de 60 sesións en distintos centros e localidades, entre elas Santiago de Compostela, Vedra, Porto do Son, Mazaricos, Muros, O Pino ou A Pobra do Caramiñal, con máis de 600 alumnos e alumnas participantes.

Debido ao grande interese suscitado, está prevista a ampliación das actividades para chegar a máis centros educativos da provincia. Os centros interesados en participar poden contactar coa Cámara de Comercio de Santiago enviando un correo a emprende@camaracompostela.org ou chamando ao teléfono 981 596 800 (área de Emprendemento).

Post navigation

Previous: Pleno extraordinario en Touro que repite o do 9 de novembro do 2023
Next: 77 anos para exhumar os corpos dos asasinados en Luou, Teo

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.