Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Deputación destina colabora no mantemento dos CSC de Santiago

Concello e Deputación asinaron un convenio de colaboración centrado no centro do Ensanche e nos centros do rural.

deputacion csc santiago 14 marzo 2026

Compostela, 14/03/2026 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, formalizaron un amplo paquete de acordos que ratifican o compromiso da institución provincial coa capital galega.

Esta colaboración tradúcese nunha importante inxección económica na que destaca a concesión dunha subvención nominativa de 140.042,13 euros para cofinanciar o sostemento do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, cuxo orzamento total para este exercicio ascende a 226.821,76 euros.

De xeito complementario, a Deputación achega outros 75.000 euros para garantir o funcionamento dos centros socioculturais situados no ámbito rural compostelán, apoiando así un proxecto que conta cun investimento global de 150.000 euros e que resulta fundamental para o equilibrio territorial do municipio.

No ámbito da promoción cultural, ambas administracións selaron tamén o convenio para o desenvolvemento do Festival Rosalía 2026 por valor de 12.100 euros. Este evento consolídase como unha cita de referencia no calendario cultural da cidade e conta co soporte técnico e financeiro da Deputación para garantir unha programación de calidade que chegue a todos os públicos.

A xornada de traballo tamén serviu para oficializar o traspaso de titularidade de varias vías provinciais que, tras o acordo adoptado, pasan a ser xestionadas directamente polo Concello de Santiago.

Entre os treitos transferidos atópase a estrada DP-7801 de San Lourenzo a Vidán, nun tramo de 1.269 metros, xunto coa súa correspondente variante duns 285 metros de longo.

O Concello asume tamén a titularidade doutro treito da DP-7805, que dá acceso ao Hospital Provincial e conta con 545 metros, e da DP-7806, a coñecida rampla ao Avío, que suma outros 273 metros de percorrido.

Esta entrega de actas permite que o goberno local teña plena autonomía sobre estas zonas, facilitando futuras actuacións de mantemento e ordenación urbana nunha rede viaria que, pola súa funcionalidade, ten xa un carácter marcadamente municipal.

Post navigation

Previous: Produtos do mar e control sanitario nos Luns do Ateneo
Next: Mellora da comunicación entre Boqueixón e O Pino

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.