Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación da Coruña está apoiando aos 93 concellos no proceso de regularización

A  Área de Dereitos Civís habilitou un espazo na súa páxina web con información sobre a documentación e os pasos necesarios para os demandantes

A Deputación impartiu seminarios on line sobre o proceso de regularización

Deputación, 15/05/2026 – A Deputación da Coruña, a través da súa Área de Dereitos Civís, puxo en marcha unha iniciativa para fornecer de información especializada o persoal técnico para afrontar o novo proceso de regularización extraordinaria aprobado polo Real Decreto 316/2026.

O obxectivo, segundo a deputada Sol Agra Tuñas,  «é facilitar ferramentas prácticas e seguridade xurídica ao persoal municipal e das entidades sociais que deberá atender consultas relacionadas co novo escenario normativo».

Segundo a responsábel de Dereitos Civís da Deputación, os concellos son a administración máis achegada á cidadanía e nos máis rurais «non existen asociacións ou delegacións de administracións estatais especializadas en atención á poboación migrante, polo que moitas achegaranse directamente ás oficinas municipais á procura de información».

Actualmente a Deputación xa realizou dúas sesións formativas en liña impartidas por unha avogada especialista en estranxeiría, ás que se conectaron máis de 180 persoas, principalmente profesionais do traballo social, máis do 60 % do total de inscricións, Tamén participaron outros perfís como educación social e familiar, psicoloxía, orientación laboral e asesoramento xurídico dos Centros de Información á Muller e doutras entidades sociais.

Sol Agra destacou tamén a participación do persoal de Administración e Padrón de numerosos concellos, «un ámbito especialmente relevante ao ser o empadroamento un requisito clave para os procesos de regularización administrativa».

A convocatoria da Deputación da Coruña logrou «unha ampla implantación territorial, con representación de 67 concellos da provincia», explicou a deputada, sendo especialmente significativa nas áreas de influencia de Santiago de Compostela e da Coruña, mais tamén houbo importante presenza de persoal técnico de municipios do ámbito rural.

Toda a documentación e a guía práctica están dispoñibles para a súa consulta e descarga na páxina web oficial da Deputación da Coruña, na sección de Dereitos Civís. Alí tamén se pode encontrar o listado de entidades colaboradoras para a tramitación e diferentes modelos de documentación, incluído o certificado de vulnerabilidade.

Toda a información será actualizada puntualmente no caso de que se modifique o Real Decreto que regula este procedemento.

Máis información na web da Deputación da Coruña:

https://www.dacoruna.gal/igualdade-e-dereitos-civis/area-igualdade-2/proxectos/programa-apoio-xuridico-proceso-regularizacion-extraordinaria

Post navigation

Previous: A Vía Verde pensa xa en chegar a Coruña
Next: Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.