Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión

A Deputación acondicionará o entorno das Torres de Altamira en Brión

Brion acceso Torre de Altamira_0237 slide 14 abril 2014_r

Brión, 31 de xullo do 2018 –  A Deputación da Coruña licita por 28.792,43 euros as obras de acondicionamento do entorno das Torres de Altamira en Brión.

Estas actuacións teñen por obxecto realizar os traballos de mantemento das zonas verdes e dos elementos de seguridade existentes na contorna das Torres de Altamira, así como o mantemento dos restos pétreos, muros ou basamentos que se manteñen en pe. As obras previstas consistirán no desbroce e limpeza da parcela, incluíndo limpeza de herba, retirada de refugallos e de elementos alleos á contorna, e o lavado de muros de pedra por medios manuais, con cepillos de cerda natural e xabóns neutros, seguindo así as indicacións realizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tamén está prevista a retirada, o traslado e o acopio das pedras diseminadas pola parcela, que afectan ao tránsito dos visitantes e á súa seguridade, e o mantemento e execución de varandas de protección, para evitar caídas a niveis inferiores ou por taludes laterais, así como a revisión das zonas perigosas como son o pozo e o torreón.

A presentación das proposicións poderanse realizar no correo patrimonio.contratacion@dacoruna.gal ata o día 3 de agosto

Post navigation

Previous: O alcalde de Santiago visitou os centros de investigación da USC
Next: Silleda e A Baña rexeitan en pleno o proxecto mineiro en Touro e O Pino

Máis novas

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

brion aseos santa minia 25 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Comeza Santa Minia con melloras nos servizos

BRION FEIRA LABREGA 19 SETEMBRO 2026
3 minutes read
  • Xeral

Feira Labrega este domingo en Brión

brion cartel santa minia 15 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Chega a Romaría de santa Minia

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.