займ срочно

A Costa da Morte promociona desde Compostela o Camiño Fisterra Muxía

0

Compostela, 13 de setembro do 2021 – O Camiño Fisterra Muxía recibe hoxe un impulso desde a Costa da Morte que inicia unha peregrinación para promocionalo..

A praza do Obradoiro acollerá un encontro no que participan a Asociación Turística da Costa da Morte, CMAT, representada pola súa presidenta, Mónica Rodríguez e o vogal José Marcote; a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, da que acudirá o seu presidente, José Manuel Pequeño; o concelleiro de Turismo de Santiago, Gumersindo Guinarte; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; Nava Castro como representante de Turismo de Galicia.

A Ponte Maceira, entre Ames e Negreira, parte do Camiño Fisterra Muxía

No acto presentarase a campaña ‘O Camiño Continúa’. As autoridades asistentes acompañarán aos bloggers Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas, todos especializados en viaxes, e que hoxe inician o Camiño de Fisterra e Muxía compartindo durante a semana as experiencias nos seus blogs e nas redes sociales.

A campaña de promoción do Camiño de Fisterra e Muxía comeza na praza do Obradoiro, onde autoridades e bloggeres atenderán aos medios de comunicación e farán unha fotografía institucional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies