Noia, 30 de novembro do 2021 – O concelleiro de cultura de Noia, pepe Pérez, presentou este luns a programación de Nadal do seu departamento.
Música, cine, obradoiros, exposicións e actividades de rúa animaran a vila desde este venres ata xaneiro. A entrega do XIX Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos ou a exposición de cadros bordados de Ana Blanco completan a oferta cultural.
Música desde este venres
O Coliseo Noela acolle este venres o concerto de Elefantes que servirá para abrir a programación de Nadal do departamento de Cultura de Noia. Tras dous anos de silencio, os barceloneses volven cun espectáculo no que repasan 25 anos de traxectoria.
O serán da Noiteboa as rúas encheránse de cantos de Nadal. Desde as seis o Grupo de Música Tradicional Cherumia, da Sociedade Coliseo Noela, levará a súa voz por todo o casco vello da vila.
O 17 de decembro o concerto acústico de Marwan terá lugar no Coliseo Noela a partir das dez da noite. Unha noite especial na que o escritor e cantautor achegará os temas do seu novo disco “El viejo boxeador” de xeito máis íntimo.
Teatro
O teatro será outra das artes con presenza na programación de Nadal. O día catro serán Producións Excéntricas as que acheguen a Noia A Estrela do día. O 26 de decembro será un musical o que ocupe o Coliseo Noela, a compañia Teatro Avento porá en escea El libro de la selva. Os gañadores do Premio Manuel María para Textos Teatrais, as compañóa Incendiaria e A Quinta do cuadrante, presentarán a obra premiada, A lúa vai encuberta, o 18 de decembro. The Show Moscón de Galitoon será a cita do 26 de Nadal coa que rematará a programación teatral.
Cine
O cine achegará á vila cintas como “Maléfica: maestra del mal”, “Santa Claus & cia”, “Richard Jewell” ou “Onward”. Todos os pases son de balde aínda que hai que solicitar a invitación na conta de correo culturaconcellodenoia@gmail.com.
O concelleiro de cultura de Noia, Pepe Pérez, explica que “se trata dunha programación moi centrada nos nenos, con cine e teatro pensado para eles”. A música según o concelleiro si que está pensada para un público máis maior e pensado para atraer xente de fora “Elefantes dará o único concerto de Galicia en Noia, ten as entradas esgotadas e según os informes de compra moita da xente e de fora o que axuda ao comercio local”.
Pérez destaca que turismo e cultura van da man e contribúen a dinamizar Noia. Avanza que no eido do turismo quixeron facer algo especial para acabar o ano “a vindeira semana presentaremos un vídeo que é un referencia ao comercio e a hostalería, algo que mostra o que unha persoa de fora pode atopar aquí en Noia”.