Teo, 2 de setembro do 2021 – Na última semana distintos comunicados marca o posicionamento dos grupos sobre o problema da Casalonga máis o debate aclara pouco.
A Plataforma da Casalonga advertía hai pouco das toneladas de residuos xa depositadas no oco da canteira. Pese a esta presunta ilegalidade o debate segue a ser sobre quen fixo máis ou menos.
O BNG preguntou ao goberno central si era coñecedor da situación da canteira. A resposta era lembrar que as competencias en materia de residuos é das comunidades autònomas, así como o seu control e vixianza.
O portavoz nacionalista en Teo, insiste na necesidade de cambiar as lexislacións nacional e autonómica “como levamos dicindo dende o principio a única solución definitiva pasa por cambiar estas normativas”. Aproveita para culpar a Psoe e Unidas Podemos por non telo feito. A cuestión é si os cambios chegarían a tempo á Casalonga.
Máis cerca, no Parlamento Galego, a deputada socialista Noa Díaz acusa á Xunta de connivencia coa empresa e denuncia “trato de favor á empresa ao aprobar un plan de restauración que non recolle o estado actual da canteira e o inicio dunha expropiación dun vial que é de uso veciñal dende hai anos”. Díaz engade “desconfiamos de que a restauración prevista sexa forestal, cando quen a vai realizar vai ser unha empresa de xestión de residuos”.
Os dous grupos posiblemente teñen algo de razón no seus posicionamentos pero mentres tanto a canteira da Casalonga en xeral, e a lagoa en particular, seguen ameazadas. Despois de tantos anos, de tantos recursos e denuncias, de manifestacións e protestas, o xulgado parece a única vía. Á Casalonga tocalle seguir esperando porque o xudicial non é un camiño rápido. A cuestión é: que pasará na canteira mentras tanto?.
