Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Lalín

A Casa do Patrón abre unha nova sala dedicada á medicina rural

A Casa do Patrón continúa ampliando o seu espazo expositivo e dedica unha nova sala dedicada á medicina tradicional e as boticas.
casa-do-patron-nova-sala-normal-slide-29-novembro-2021-(1)_r

Lalín, 29 de novembro do 2021 – A Casa do Patrón continúa ampliando o seu espazo expositivo e dedica unha nova sala dedicada á medicina tradicional e as boticas.

O traballo de recuperación nas farmacias da bisbara dou como resultado máis de duascentas pezas. Tras a catalogación e etiquetado, móstranse en esta nova sala dedicada a medicina rural.

A exposición divídese en bloques temáticos nos que atopar obxectos, fotografías e paneis informativos nos que coñecer un pouco máis do traballo realizado ao longo do tempo polos médicos rurais.

O despacho onde se tomaba consulta, os aparellos que van desde vellos equipos de raios x ata cámaras de esterilización, utensilios de dentista, unha pequena biblioteca ou unha mostra de farmacopea popular son parte do conxunto exposto.

As novas pezas continúan ampliando o museo de Codeseda que conta xa con máis de 6.000 pezas. A eco aldea recibe así un argumento máis de cara aos visitantes e aos colexios que de cando en vez se asoman á Casa do Patrón.

O museo fai público ademais o seu agradecemento, pola súa colaboración, aos doutores Jesús Aller, Luís Glez. Taboada “Licho” e Benedicto Rivas Zalabeite, de Lalín, José Arturo Marques Lorenzo, de Santiago e José Manuel Lage, de Maceda (Ourense), así como ás farmacias Carballude Tabaoda, Crespo Soto, García Curros e Inés Madriñán, de Lalín, Carmelo Parrado, de Prado e á farmacia de Dozón e tamén aos dentistas Mauro Fernández Silvela e Roberto Villanueva, ámbolos dous de Lalín.

Post navigation

Previous: Confírmase a moción de censura na Baña
Next: Arzúa atopa en Castro Curbín restos case únicos no noroeste de Europa

Máis novas

casa-do-patron-inauguracion-luces-slide-7-decembro-2021-(1)_r
1 minute read
  • Lalín

“Nadal tropical” na Casa do Patrón

teo lalin estrada vivendas xunta NORMAL 22 abril 2025
2 minutes read
  • A Estrada

A Estrada, Teo e Lalín proxectarán vivendas pública

filloa e cocido unha alianza natural slide 3 fereiro 2025
3 minutes read
  • Boqueixón

Filloas e cocido, unha alianza natural

adega paralizado proxecto en lalin 7 agosto 2024
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización xudicial dun proxecto eólico en Lalín e o Irixo

adega-paralizacion-eolico-deza-slide-18-xunho-2024_r
3 minutes read
  • Lalín

Nova paralización do TSXG dun polígono eólico

silleda-presentacion-libro-a-casa-do-patron-slide-30-xaneiro-2018_r
3 minutes read
  • Lalín

Novas escavacións no Castro de Doade en Lalín

smacap_Bright
3 minutes read
  • Lalín

O parque eólico Pico Seco, en Lalín, tamén paralizado cautelarmente

doade-malla-tradicional-slide-11-xullo-2023_r
2 minutes read
  • Axenda

A malla tradicional volverá a Doade en agosto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.