Foi un dos debates máis polarizados durante as municipais do 2023. Mesmo nos que parecían coincidir había diferenzas; BNG e PP querían derrubar o edificio pero os nacionalistas apostaban por unha praza cuberta que, ao tempo que daba acceso a Belvís, servira de lugar de ocio; ao PP con deixar paso franco ao parque xa lle chegaba. https://lindeiros.net/compostela-bng-casa-xuventude/
Por outro lado o Psoe, gobernando en minoría, asinaba en tempo de precampaña (abril 2023) un convenio coa Deputación para a rehabilitación e mantemento do edificio durante 25 anos. A contra era que a maior parte destinaríase a oficinas do ente provincial e do concello. https://lindeiros.net/compostela-lio-casa-xuventude/
Compostela Aberta tamén pensaba na remodelación pero suxerindo un uso veciñal. Anteriormente a Casa da Xuventude tivera un uso comunal que fora moi criticado polo resto de partidos pero que servira a unha chea de colectivos para ter un espazo no que traballar.
Despois das eleccións morra o conto
Catro anos antes das eleccións do 2023 a Casa da Xuventude xa tivera o seu protagonismo. O terceiro alcalde do mandato 2019 – 2023 , Agustín Hernández ( tras Conde Roa e Ángel Currás), deixara contratado o derrubo do edificio pero tras os comicios… morra o conto.
No 2023 a polémica avivouse o tempo xusto porque tras os resultados electorais o conto volveu a enterrarse. En este caso as diferencias de opinión entre Compostela Aberta e BNG obrigaron a deixar ese tema a un lado para poder gobernar en minoría.
Pero non só foi o goberno municipal o que colleu distancia coa Casa da Xuventude. A Deputación, que asinara o convenio, para remodelala e mantela, un par de meses antes agora pedía tres meses de tempo para repensar o acordo. Unha solicitude tan sorprendente que o Psoe local, pensando que fora cousa do goberno recen elixido, foi moi crítico coa prórroga solicita ata que descubriu que fora cousa do organismo provincial. https://lindeiros.net/compostela-prorroga-casa-xuventude/
A Casa da Xuventude revive
Agora o Psoe, a pouco máis dun ano das eleccións, pon sobre a mesa á Casa da Xuventude. Lembra o convenio coa Deputación e acusa ao goberno de BNG e CA de perder un millón de euros ao non aceptalo.
É aquí cando un se pregunta porque no acordo alcanzado para nomear a Goretti Sanmartín alcaldesa non apareceu a Casa da Xuventude. Nunca saberemos se o Psoe non o incluíu ou BNG e CA non quixeron mudar as súas posturas e aceptar o acordo coa Deputación. Tal vez os tres acordaron que morrera o conto para que o acordo chegara máis axiña.
Na rolda de prensa que este mércores dou Marta Abal para explicar que a Casa da Xuventude era un tema “importante” para a negociación do orzamento de este ano preguntámoslle porque sae agora e non no principio do mandato e esta foi a súa resposta.
Polo que se ve tardaron tres anos en decatarse de que si existía un plan b para a Casa da Xuventude non o ían poñer en marcha. Para ser honestos hai que dicir que o Psoe estivo bastante ocupado coas guerras internas pero parece querer recuperar o tempo perdido.
Mentres tanto a Casa da Xuventude envellece, imos ter que cambiarlle o nome porque moza xa non é. Un edificio que nunca foi ben mirado, que se usaba pero estorbaba e que segue sen ter un futuro claro; unha Casa que polo momento nin é da Xuventude nin se sabe ben de quen será. Pode que marque o inicio da campaña electoral, ao final é para o que máis uso se lle dou.
