Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A cabeza do Dragón de Valle Inclán no Auditorio de Galicia

cabeza do dragon no auditorio de galicia_slide_29 xunho 2018

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 29 de xuño do 2018 – Ao mesmo tempo que se preparaba desde o CDG o Divinas Palabras Revolutión, outra obra de Valle Inclán percorría Galicia, A Cabeza do Dragón de Producións Excéntricas que chega agora ao Auditorio de Galicia (hoxe venres 29, 20:30 horas) con música en directo a cargo do Taller Atlántico Contemporáneo.
    • Sinopse
    • A adaptación
    • Taller Atlántico Contemporáneo

Compostela, 29 de xuño do 2018 – Ao mesmo tempo que se preparaba desde o CDG o Divinas Palabras Revolutión, outra obra de Valle Inclán percorría Galicia, A Cabeza do Dragón de Producións Excéntricas que chega agora ao Auditorio de Galicia (hoxe venres 29, 20:30 horas) con música en directo a cargo do Taller Atlántico Contemporáneo.

A cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.

Sinopse

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.

A adaptación

A Cabeza do Dragón pecha a edición 2018 das Xornadas de Música Contemporánea. Con dirección e dramaturxia de Quico Cadaval, a música é unha partitura composta ex-profeso por Javier María López para este espectáculo e será interpretada en directo polo TAC (Taller Atlántico Contemporáneo). PT Excéntricas conseguiu a colaboración de Baltasar Patiño, unha referencia no teatro español, para o espazo escénico e a iluminación. A indumentaria e o deseño gráfico será un traballo da imaxinación e da man de Suso Montero. A música é unha partitura composta ex-profeso para este espectáculo por Javier María López e interpretada polo TAC (Taller Atlántico Contemporáneo) formado por prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonía de Galicia e dirixido por Diego García Rodríguez.

Taller Atlántico Contemporáneo

O TAC recibe o Premio da Crítica Galega polo seu proxecto Os Seráns do TAC en 2013, ano no que lle outorgan o Premio na categoría de Música Clásica e Contemporánea nos Primeiros Premios Galegos da Música. O TAC iniciou a súa andadura en marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas. Quixo reivindicar dende un principio a proximidade que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público e a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos. En xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpretar integramente la obra de Satie Vexations, 18 horas ininterrompidas de piano.

Nesta ocasión contou coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no Centro Galego de Arte Contemporánea un ciclo de seis concertos dedicados á musica de compositores galegos e escritos para diversas formacións de ensemble. Xa en 2011 continuou tamén no CGAC cun ciclo de tres concertos que achegou ao público unha pequena mostra do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade. Escolléronse obras de Crumb, Schnittke e Berio. En xullo do mesmo ano, actuaron no Festival Via Stellae co grupo Siniestro Total nun concerto conxunto (Land Of Opportunity) onde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo Os Seráns do TAC que incluía música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval

Elenco: Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez

Escenografía e espazo lumínico: Baltasar Patiño

Vestiario, atrezzo e deseño gráfico: Suso Montero

Música: Javier María López

Intérpretes: TAC (Taller Atlántico Contemporáneo)

Post navigation

Previous: Volve o Camiño ao Gaiás, roteiros de verán de Compostela ata a Cidade da Cultura
Next: En outubro coñecerase o trazado definitivo do Camiño Inglés pola Ría de Muros-Noia

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.