Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A bisbarra chega ao Congreso dos Deputados

O BNG no Congreso reclama con emendas presentadas aos Orzamentos do Estado a execución de melloras de infraestruturas na comarca de Santiago.
bng-congreso-melloras-comarca-slide-26-novembro-2020-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 26 de novembro do 2020 – O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama a través das emendas presentadas aos Orzamentos do Estado a execución de melloras de infraestruturas na comarca de Santiago.
    • Actuacións na bisbarra

Bisbarra, 26 de novembro do 2020 – O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama a través das emendas presentadas aos Orzamentos do Estado a execución de melloras de infraestruturas na comarca de Santiago.

Ademais das importantes actuacións que Néstor Rego demanda para Santiago e que reverterían na contorna, como a estación de mercadorías da Sionlla, a recuperación e plan de usos para a vella terminal de Lavacolla, a creación dun viveiro de comercio ou o saneamento do Sarela, o BNG leva ao Congreso a defensa de melloras infraestruturais na bisbarra con actuacións en Ordes, Oroso, Padrón e Ames.

As emendas que o deputado nacionalista presenta ao Proxecto de Orzamentos do Estado teñen como obxectivo darlle a volta a unhas contas que, como denuncia Néstor Rego, “seguen a ser inxustas xa que no conxunto dos Orzamentos destínase a Galiza un 11% menos a nivel xeral cando sobe nun 19,4% e un 68% no capítulo de investimentos”.

Actuacións na bisbarra

Entre outras iniciativas de mellora da mobilidade e infraestruturas viarias, o BNG reclama actuacións para evitar asolagamentos na N-550 ao seu paso polos lugares de Merelle, Mesón de Deus, Fonte Estrei, no concello de Ordes, cun orzamento estimado de 500.000€. Esta mellora xa fora demanda polo BNG local, co apoio de sinaturas da veciñanza, na demarcación de estradas do Estado sen ter ningunha resposta.

O BNG esixe tamén a solución á inseguridade da veciñanza no paso a nivel sen barreiras en Iria Flavia, un traxecto moi transitado por estar á altura do Camiño Portugués no concello de Padrón, o que suporía un investimento de 300.000 €.

Sen saír do concello de Padrón, o BNG solicita que se inclúan no Orzamento os 800.000 € necesarios para unha actuación no peirao de “A Ponte” que se atopa en estado ruinoso, a pesar do seu interese tanto portuario como etnográfico e cultural.

As emendas que o deputado nacionalista defende para a comarca de Compostela inclúen tamén o traslado das antenas situadas ao pé dos pavillóns deportivos no centro de Sigüeiro, concello de Oroso, co fin de poder rematar a urbanización peonil da zona.

O BNG defende no Congreso a consignación nas contas de 10 millóns de euros para a nova estación depuradora de Santiago e Ames, o que multiplica por máis de vinte os 448.000 euros que o goberno do PSOE-Podemos recolle  para o 2021, claramente insuficientes para a organización nacionalista.

Nestor Rego explica que “As emendas presentadas son demandas imprescindíbeis da veciñanza da comarca de Santiago que non están reflectidas nos Orzamentos do Estado e, para o BNG, son actuacións urxentes e necesarias, e é incomprensíbel que non se contemplen nunhas contas que, como vemos, incrementan a partida para infraestruturas”

Estas emendas súmanse ás que o BNG presentou para a cidade de Santiago de Compostela como a creación dun viveiro de comercio na Cidade Histórica, a humanización da rotonda de Conxo, a recuperación da vella terminal da Lavacolla e a estación de mercadorías da Sionlla , un proxecto expositivo para a estación intermodal Daniel Castelao ou medidas ambientais, como o saneamento do río Sarela, a erradicación da herba da Pampa ou a propia estación depuradora,  nun conxunto de actuacións que suporían o incremento de 23 millóns de euros do Orzamento destinado á capital galega.

Post navigation

Previous: Comezan as obras do orbital de Santiago
Next: Melide pagará máis de 600.00 euros en facturas sen contrato

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.