Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Bandeira acolle a presentación do Entroido tradicional da Ulla

xenerais-da-ulla-2026-6ef8f754

A localidade silledense da Bandeira acolle este sábado día 17 a presentación das celebracións do Entroido tradicional da Ulla. Unha festa que comparten 8 municipios das provincias de A Coruña e Pontevedra ( A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces).

A cita está prevista na praza do Entroido (ás 12:00 horas), se ben en caso de choiva se trasladará ao auditorio municipal Manuel Dopazo.

O Entroido do Ulla foi declarada o pasado ano Ben de Interese Cultural como Patrimonio Inmaterial. Chegará neste 2026 a un total de 27 parroquias, con máis de 30 eventos, nos que as voces e os vivas dos Xenerais volverán encher de tradición as celebracións do entroido.

Na presentación deste ano, un dos eixos principais será o futuro do Entroido do Ulla, cuestión que tamén se reflectira ca participación do alumnado da  Escola de Xenerais da Bandeira, localidade silledense na que pervive a tradición xunto con Lamela, así como na  imaxe do entroido ca que se está a promocionar conxuntamente a edición de 2026: o  mural realizado polo artista urbano lucense Diego AS, situado en Vedra, en San Xián de Sales.

Precisamente será neste municipio onde comece  a axenda deste ano o vindeiro sábado 24 na parroquia de San Miguel de Sarandón. No acto estarán presentes representantes municipais dos 8 concellos, con celebracións que continuará ata o 22 de febreiro, así como das asociacións e colectivos  promotores e da Xunta de Galicia, entre outros. 

O Entroido tradicional da Ulla é unha das manifestacións máis singulares do entroido galego, caracterizada polos  Xenerais da Ulla, personaxes centrais desta celebración que, montados a cabalo ou a pé, percorren parroquias e lugares acompañados polas súas “tropas”.  

Vestidos con vistosos uniformes, tricornios e bandas, os Xenerais protagonizan os tradicionais atranques ou altos, batallas dialécticas cheas de ironía, crítica social e humor, nos que se repasan feitos de actualidade e asuntos da vida local.

A tradición do Entroido da Ulla complétase nalgún dos casos  coa participación do coro, as comparsas e parrandas, nunha celebración colectiva transmitida de xeración en xeración, que mantén viva a identidade cultural da comarca da Ulla e do interior de Galicia.

Post navigation

Previous: Ames acollerá o Campionato do Mundo IAU de 100 quilómetros
Next: Critican a incorporación de Serra do Barbanza a SOGAMA

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.