Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Val do Dubra

A banca segue abandonado o rural

Val do Dubra envía unha carta ao Banco Sabadell ante a intención de pechar a oficina

Concello de Val do Dubra_DSC9931 normal_r

Val do Dubra, 12/05/2026 – Non é a primeira nin será, por desgraza, a última. O Banco Sabadell pechará a oficina de Val do Dubra deixando sen servizo á poboación mentres seguen colleitando beneficios.

O alcalde do concello de Val do Dubra, Diego, Luís Díaz, enviou unha carta “en nome do goberno municipal e da veciñanza” pola “decisión de proceder ao peche da oficina bancaria que a súa entidade mantén no noso municipio”.

O alcalde expresa o seu malestar xa que consideran que o peche da oficina “supón un importante prexuízo para unha parte significativa da poboación de Val do Dubra, especialmente para as persoas maiores, autónomos, pequenos negocios e veciñanza do rural que continúan precisando dunha atención presencial próxima e accesible”.

Díaz explica que a oficina é mías que unha mera entidade bancaria xa que serve de cohesión territorial e o seu peche ”obrigaría a moitos veciños e veciñas a desprazamentos innecesarios para realizar xestións básicas, incrementando así as dificultades de acceso a servizos esenciais”.

Na carta engade que desde o seu punto de vista “as entidades financeiras teñen tamén unha responsabilidade social co territorio no que desenvolven a súa actividade, especialmente en concellos rurais que levan anos sufrindo a perda progresiva de servizos básicos”.

A carta remata solicitando que se revise a decisión e ofrecendo dialogo para atopar solucións. O feito é que a entidade, desde a perspectiva da rúa, gaña cartos ao mesmo tempo que pecha servizos.

347 millóns o primeiro trimestre do ano

As cifras marean. O Banco Sabadell gañou (publicado na súa web o 5 de maio de este ano) no primeiro trimestre do ano 347 millóns de euros netos ata o mes de marzo. Imposible non preguntarse cantas oficinas se poden manter abertas con eses cartos e aínda quedarían tres trimestres máis para gañar diñeiro.

O Banco Sabadell o deixa claro na súa páxina web, xa no titular “mantiene sus objetivos de rentabilidad y remuneración al accionista para 2026 y 2027”. Hai una prioridade de xerar beneficios para o accionista antes que manter servizos.

O Banco leva adiante ademáis un plan de prexubilacións que permitirá un aforro de millón de euros a partir do 2027. Menos persoal máis beneficios; fronte a un mantemento da plantilla con novas contratación de xente máis moza (mesmo en concellos como Val do Dubra) prefiren pechar oficinas.

Unha situación que non é nova pero que non ten visos de cambiar. Os concellos e a poboación deberían buscar xeitos de presionar aínda que os resultados foran escasos. O dereito á protesta é as veces o único que queda.   

Post navigation

Previous: Compostela restaurará o Arco de Mazarelos
Next: Pleno en Rois co lixo e o SAF como temas destacados

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.