A Baña celebrará o Samaín en familia cunha xincana de pistas por San Vicenzo o sábado 1 de novembro

O sábado 1 de novembro, ás 18.00 horas, a praza do Concello da Baña converterase no punto de partida dunha nova aventura de medo e diversión: a Xincana de Samaín.
A proba é unha actividade pensada para familias valentes que queiran poñer a proba o seu enxeño e traballo en equipo. Nesta Xincana de Samaín as persoas participantes terán que atopar pistas e resolver probas vencelladas a esta tradición, coa misión de axudar á señora Calacú a atopar a súa luz. A actividade desenvolverase pola contorna de San Vicenzo. As inscricións, gratuítas, poden realizarse na Área de Cultura do Concello ou chamando ao teléfono 981 886 501.
É preciso levar lanterna durante o percorrido e lembramos tamén que os menores de 7 anos deberán participar na compaña dunha persoa adulta.
O Concello da Baña anima a todas as familias a participar nesta proposta que combina diversión e tradición e que busca manter viva a tradición do Samaín nunha das datas máis especiais do outono.
