Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

Novas rutas de transporte escolar para o concello da Baña

A Baña contará con seis novas rutas de transporte escolar para solucionar os problemas que se veñen producindo desde o inicio do curso.
teo-transporte-escolar-slide-14-setembro-2022_r

Bisbarra, 22 de setembro do 2022 – O concello da Baña contará desde o vindeiro luns con seis novas rutas de transporte escolar para solucionar os problemas que se veñen producindo desde o inicio do curso.

Estes novos itinerarios substituirán ás actuais do CPI San Vicente, segundo informou a  Xunta de Galicia. A administración autonómica comprométese a reorganizar o transporte escolar para adaptalo ás necesidades reais e poñerlle fin a vaga de retrasos e problemas que se veñen arrastrando dende o pasado curso.

Como contamos hai unha semana os problemas no transporte escolar son habituais xa dsde finais do curso pasado. A o da Baña hai que sumar os de Teo, Negreira, Vedra, no Barbanza ou mesmo en Compostela. A Parlamentaria socialista Noa Díaz pregunta na Comisión 4º sobre todos estes problemas máis a resposta foi que os de Teo estaban solucionados e que, en xeral, eran problemas debidos ao inicio do curso e a complexidade “xeográfica” de Galicia.

A nota da Xunta subliña que “os axustes aprobados recollen as propostas acordadas coa dirección do centro e coas familias”. Serán. Segundo a administración autonómica,  itinerarios máis homoxéneos entre as distintas rutas para garantir a coordinación cos horarios de entrada e saída das clases.

Por outro lado, lembra que a reorganización das rutas repercute tamén no transporte regular de viaxeiros e se manterá a conexión da veciñanza co núcleo urbano de San Vicenzo durante todo o ano.

O transporte por estrada volverá a vindeira semana ao pleno do Parlamento en virtude de dúas interpelacións. O BNG fará unha pregunta sobre o transporte por estrada na comunidade e o PSdeG outra sobre as axudas da Xunta ao transporte metropolitano.

Post navigation

Previous: Recollida de lixo e melloras viarias centraron o pleno de Boqueixón
Next: Santiago Centro VIP, o comercio do ensanche xa ten APP

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.