Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • A Baña
  • Axenda

O IX Trail da Baña entra na Serie Ouro do Trail Running Galego

O IX Trail da Baña celebrarase o 27 de setembro con catro modalidades para todos os públicos, incluíndo unha non competitiva.

trail a banha (6)

A Baña, 19/09/2026 – O Concello da Baña presentou a novena edición do Trail da Baña, que se disputará o vindeiro 27 de setembro e que este ano acada un novo fito ao incorporarse á Serie Ouro da Federación Galega de Atletismo (FGA), a máxima categoría do calendario galego de trail running.

A proba, que contará con trail longo de 28 quilómetros, medio de 16, curto de 8K e andaina de 8 km, continúa así consolidándose como unha das citas de referencia da montaña en Galicia.

A incorporación á Serie Ouro permitirá que os resultados acadados polos deportistas multipliquen por cinco a puntuación para o ranking da Federación Galega de Atletismo, un aspecto determinante de cara á confección da Selección Galega de Trail Running. Ademais, o Trail da Baña será unha das catro únicas probas da Serie Ouro que puntuarán para o Ranking Anual de Clubs, tanto na distancia longa como na modalidade promocional de 8 quilómetros.

Na presentación participaron a concelleira de Deportes, Ana Pensado; o delegado de Trail Running da FGA, Iván Sangiao; e Borja Collar, representante do club BJ Trainers, que colabora co Concello na organización da proba, e o técnico municipal de deportes e coordinador do trail, Adrián Vázquez. Os catro resaltaron o crecemento experimentado pola competición e a importancia que supón este novo recoñecemento para o municipio.

A concelleira de Deportes, Ana Pensado, destacou que “a entrada na Serie Ouro é un recoñecemento ao traballo realizado durante todos estes anos por parte da organización, do voluntariado e de todas as persoas que fan posible esta proba. Queremos seguir medrando sen perder a nosa identidade e mantendo o equilibrio entre deporte, natureza e promoción do noso territorio”.

Pola súa banda, Iván Sangiao salientou que “o Trail da Baña reúne todos os requisitos que busca a Federación para formar parte da Serie Ouro: unha excelente organización, percorridos de calidade e un firme compromiso coa sustentabilidade e co desenvolvemento do trail running en Galicia”.

Catro modalidades para todos os niveis

A novena edición do Trail da Baña manterá unha oferta adaptada a diferentes perfís de participantes, ao contar co trail longo de 28 quilómetros (no que se admiten un máximo de 200 atletas), o trail medio de 18 km e un máximo de 200 prazas; o trail curto de 8 km e unha andaina non competitiva  de 8 quilómetros.

As inscricións xa están abertas na plataforma Carreiras Galegas. O prezo é de 15 euros para o trail longo e de 12 euros para medio, mentres que a participación no trail curto ten un custo de 10 euros e a andaina de 5.

Todas as persoas inscritas recibirán un obsequio conmemorativo e contarán cun avituallamento final ao remate da proba.

Unha proba consolidada

O Trail da Baña chega a esta novena edición tras bater en 2025 o seu récord de participación, con máis de 300 deportistas, e despois de reunir a algúns dos mellores especialistas do trail galego. Na pasada edición impuxéronse Andrés Flórez e Tamara García na proba raíña.

Nos últimos anos, a cita non deixou de sumar recoñecementos. En 2024 foi incorporada oficialmente ás Galicia Trail Running Series da Federación Galega de Atletismo e, no mes de xaneiro pasado, recibiu na II Gala do Trail Running do Atletismo Galego o Premio á Mellor Xestión Ambiental de 2025, unha distinción que pon en valor o compromiso do Concello da Baña e da organización coa sustentabilidade, o respecto polo medio natural e a organización responsable.

Coa súa incorporación á Serie Ouro, o Concello da Baña reforza a súa aposta por converter o Trail da Baña nun referente do calendario deportivo galego, combinando competición, promoción do territorio e posta en valor da riqueza paisaxística e natural do municipio.

Post navigation

Previous: Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia
Next: Feira Labrega este domingo en Brión

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.