Bisbarra, 4 de setembro do 2024 – A Baña ven de impulsar unha iniciativa de transparencia única, ata onde podemos saber, na historia da democracia municipal. A veciñanza poderá consultar tódalas facturas do concello do ano 2023.
A Baña pon a disposición da cidadanía a Conta Xeral do 2023 e todas as facturas de gastos e ingresos de ese mesmo ano. As persoas interesadas en revisalas deberán concertar unha cita previa a través do correo electrónico correo@concellodabana.gal
Con esta medida, o Concello busca facilitar o acceso á información pública e promover a participación cidadá na xestión dos recursos municipais. A finalidade, explican, é ofrecer á veciñanza da Baña unha visión clara e detallada sobre como se xestionaron os recursos municipais ao longo do ano pasado.
Comparar
Desde o concello engaden que “a posta a disposición pública da Conta Xeral de 2023 é un paso máis cara a unha xestión máis aberta e accesible, onde a transparencia, a seriedade e a responsabilidade son prioritarias”.
Trátase dunha medida nunca antes vista nun concello pero que ten unha derivada aínda máis interesante. O alcalde, José Antonio Pereira, explicaba en agosto do ano pasado que a cantidade de facturas sen pagar chegaba en aquel momento a máis de 900.000 euros, unha situación que complicaba a xestión municipal.
Os que se acheguen a revisar as facturas poderán ver a que correspondían esas facturas pendentes, comparar a primeira parte do 2023 que corresponde ao goberno anterior, e a segunda xa con este novo goberno. Algo que volve aínda máis interesante esta medida.