Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

 Madeireiros e concellos, unha convivencia complexa pero necesaria

a banha reuunion madereiros SLIDE 9 xunho 2025

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, reuniuse cos madeireiros para tratar do desenvolvemento da nova normativa de cortas aprobada en pleno o pasado mes de abril.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, na compaña do concelleiro de Obras, Urbanismo e Medio Rural, Jesús Manuel Pena, reuniuse na Casa Consistorial cos empresarios madeireiros que operan no municipio.

A xuntanza centrouse no desenvolvemento da ordenanza municipal sobre a corta de árbores, aprobada en pleno en abril,  e aproveitouse tamén para presentar o garda rural que se encargará de velar polo seu correcto cumprimento.

A modificación da norma ten o obxectivo principal de minimizar os danos nas vías públicas e mellorar a xestión ambiental das cortas. Entre os cambios destacan a obrigatoriedade de comunicar as tallas das árbores con 15 días hábiles de antelación cando superen as cinco toneladas e o establecemento de licenzas bianuais para as tarefas de depósito, carga e transporte de madeira.

Fíxanse tamén fianzas obrigatorias de 1.600 euros para vehículos de menos de 16 toneladas e de 3.100 euros se os vehículos teñen 16 toneladas ou máis. A persoa responsable da limpeza das vías e dos posibles danos causados nas mesmas será quen realice a talla e/ou a persoa propietaria, enfrontándose no caso de incumprimento das normas a sancións que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros en función da súa gravidade.                                                                                                                                            

Post navigation

Previous: Último pase da obra de teatro “Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo”
Next: Menos eólicos e máis potencia, un novo modelo?

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.