Mónica González (dereite), con Elena López, primeira embaixadora da Filloa da Baña
A pregoeiro da Festa da Filloa da Pedra da Baña. Manuel Iglesias Turnes, o tivo claro na súa alocución á veciñanza “As filloas ou son da pedra ou non son. As filloas son cultura, son raíz, son parte da nosa historia, da nosa forma de vida. Os barcaleses levámolas no ADN”.
O certo é que non é raro dicir que se levan no ADN cando ao remate do día foran repartidas máis de 8.000 filloas da pedra. Foron milleiros de persoas as que este domingo se achegaron ata a Baña para degustalas.

Hai que render homenaxe ás voluntarias e voluntarios que estiveron preparando todo ao longo da a fin de semana. 35 pedras colocadas no polideportivo de San Vicenzo serviron para que, dende primeiras horas da mañá comezaron a despacharse filloas soas ou acompañadas de chourizo ou orella.
Nos actos oficiais participaron o alcalde, José Antonio Pereira; a concelleira responsable, Mónica González; o vicepresidente da Deputación da Coruña, José Regueira; a deputada provincial de Servizos Sociais, Mar García; a concelleira do PP, Belén Capeáns, así como membros do goberno e da Corporación municipal.

A festa comezou coa II Ruta ciclista da Filloa, e continuou con degustación de Ternera Gallega e, todo o día, cunha variada e ampla programación cultural. O obradoiro de treboada, impartido por Oli Xiráldez, ou o de cestería tradicional de Luis do Río estiveron moi concorridos.


O éxito maior foron as actuacións da Escola de Música Tradicional da Baña, As Atrevidas de Monte ou a dos Pequenos da Baña, que animaron a bailar a moitas das persoas presentes. O Trío Alborada animou a sesión vermú e, pola tarde, a música continuou con Bouba e A Requinta de Lampai, que se foron intercalando co obradoiro de máscaras En-mascara-Arte, e visitas ao mercado de artesanía situado no exterior do pavillón.
Unha das bandas galegas de moda, De Ninghures, protagonizaron un multitudinario concerto co que rematou a XXII Festa da Filloa da Pedra da Baña.
