займ срочно

Denuncian ante a Valedora do Pobo ao goberno da Baña

0

Bisbarra, 6 de marzo do 2023 – A Agrupación Socialista da Baña ven de presentar unha queixa ante a Valedora do Pobo polo incumprimento de acordos plenarios do goberno municipal.

Os socialistas din que “os incumprimentos de acordos plenarios son constantes”. A queixa presentada ante a Valedora refírese en concreto á composición das mesas de contratación.

O concello da Baña aprobaba no pleno municipal de 8 de xaneiro do 2020 unha moción de Compromiso por Galicia sobre a participación de todos os partidos nas mesas de contratación. A moción foi aprobada finalmente por maioría simple, cos votos de Compromiso e Partido Popular, actuais compoñentes do goberno municipal.

O actual goberno municipal formouse tras unha moción de censura en decembro do 2021. Dase polo tanto a circunstancia de que Compromiso por Galicia está incumprindo unha moción presentada por eles mesmos.

O acordo consistía na incorporación ás mesas de contratación do Concello da Baña, de dous membros dos distintos partidos políticos con representación no Concello. E que os tres partidos irían rotando na súa presenza nas mesas de contratación.

Os socialistas denuncian que, nos últimos catro procesos de licitación, ignorouse dito acordo e na composición das mesmas, so participaron representantes do PP e CXG, cando debería rotar a composición, tal e como se recolle no acordo plenario do 08/01/2020.

No escrito presentado ante a Valedora do Pobo a Agrupación Socialista solicita que se medie para que o concello responda por que non se respecta o acordo plenario e que se restableza de forma inmediata a orde da composición das mesas de contratación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies