Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña máis cerca de ter un polígono industrial en Eiroa

Concello de A Banha DSC_0416 slide_r

O alcalde José Antonio Pereira, e o concelleiro de Urbanismo, Jesús Manuel Pena, reuníronse esta semana coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, para coñecer un estudo sobre a viabilidade do polígono industrial de Eiroa.

O Concello da Baña e o organismo Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) deron un paso decisivo cara á creación dun parque empresarial no municipio, tras a reunión celebrada esta semana entre o alcalde, José Antonio Pereira Gil, o concelleiro de Urbanismo, Jesús Manuel Pena, e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo, xunto co equipo técnico da entidade estatal.

Durante o encontro, que tivo lugar nas oficinas de SEA en Santiago, a xerente informou sobre os primeiros resultados do estudo de viabilidade elaborado pola entidade, que avala a posibilidade dun polígono industrial de 200.000 metros cadrados en Eiroa.

O rexedor bañés amosou a súa satisfacción cos avances acadados e reiterou o compromiso do goberno local de traballar man a man con SEA para adaptar a documentación urbanística aos requirimentos técnicos.

O obxectivo é introducir as modificacións oportunas para reducir os custos do solo o que facilitaría o acceso ao futuro polígono industrial a emprendedoras e emprendedores cunhas condicións económicas máis asumibles.

Durante a reunión abordouse ademais a posibilidade de modificar certas ordenanzas municipais que favorezan a instalación de empresas de distintos sectores, así como a importancia de dotar ao parque das infraestruturas esenciais que garantan o seu bo funcionamento e atractivo para o tecido empresarial.

Tanto Beatriz Sestayo como José Antonio Pereira coincidiron en destacar o clima de colaboración entre ambas entidades e a vontade compartida de dar continuidade ao proxecto, que consideran clave para o futuro de A Baña.

Post navigation

Previous: Espazo Común renova a executiva
Next: Consumo detectou 406 anuncios de aloxamentos turísticos en Compostela, fronte ás 66 licencias concedidas na cidade

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.