A Baña, 6 de agosto do 2019 – A situación no concello da Baña non variou no primeiro pleno ordinario e pese a chegar con varios temas consensuados non foron capaces de aprobar un salario para o equipo de goberno.
A diferenza co último pleno estivo en que, tal e como se acordara no de organización, antes da sesión celebrouse unha comisión informativa. A esta reunión os distintos grupos chegaron sabendo os puntos que se levarían ao pleno; en consecuencia, sabendo que de novo se levaría o salario, optaron, por distintas cuestións, por non presentar ningunha proposta alternativa.
O alcalde comezaba explicando a necesidade de traballar asegurados e de ter un soldo, volveu a insistir de que no caso de non desbloquear a situación terían que incorporarse aos seus postos e virían polo concello só cando lles fora posible
O portavoz do PP, o ex alcalde Andrés García Cardeso, escudábase na oposición dos afiliados do partido a que se lle aprobara o soldo ao alcalde se non mostraba algo de diálogo. O debate en este punto tornouse absurdo cando Cardeso lle recriminou ao alcalde que non informara ao PP da proposta de compartir a alcaldía feita por Compromiso
Cesar Ramos, portavoz de Compromiso por A Baña, resumiu a postura do partido en que si hai unha mesma proposta o votos será similar. Explicou tamén que solicitara ver a declaracións de bens dos concelleiros antes de facer unha proposta pero que non se lle entregara
Outros temas
O pleno aprobou por unanimidade un proxecto de cambio de iluminación pública para a redución de emisións e a representación en organismos como a Mancomunidade do Tambre, a Fundación de Discapacitados da Barcala ou o GDR Terras de Compostela.
Este e os anteriores plenos de esta lexislatura poden verse na canle do concello en Youtube