Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña aproba o plan estratéxico de subvencións

A Baña: Pleno ordinario de novembro subida lixo dez por cento

Minuto de silencio en memoria das vítimas da DANA

A Baña aprobou o plan por unanimidade e sacou adiante tamén a modificación da ordenanza de alugamento de instalacións deportivas

O Pleno da Baña aprobou este xoves por unanimidade os tres puntos sometidos a consideración da Corporación: o plan estratéxico de subvencións municipais 2025-2028, a modificación da ordenanza reguladora da utilización de instalacións deportivas e a delegación na alcaldía das competencias para iniciar o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

O Concello da Baña quere iniciar o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar, que axuda a moitas veciñas e veciños e que representa unha das partidas de gasto máis importantes do orzamento municipal.

A concelleira de Acción Social da Baña, Mónica González, explicou que se contratou unha empresa para redactar os pregos desta licitación, que para unha contratación durante dous anos supera o millón de euros.

Para axilizar todo o proceso burocrático de tramitación, acordouse por unanimidade delegar no alcalde as competencias do Pleno para iniciar este proceso. José Antonio Pereira explicou que será a mesa de contratación a encargada de analizar as ofertas e que os tres grupos políticos serán informados do procedemento e poderán asistir as reunións da mesa de contratación que sexan públicas.

Nesta sesión do 28 de maio tamén se aprobou por unanimidade modificar a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais, que inclúe un pequeno cambio ao incluír o alugueiro das pistas polideportivas de Lañas (antes facíase referencia ao polideportivo).

O alugamento de cada unha das pistas de pádel será de 8 euros a hora. O resto de tarifas mantéñense en 8 €/hora alugar o polideportivo de San Vicenzo, e 100 €/partido o campo de fútbol municipal.

No campo de fútbol mantéñense abonos de 10 partidos (650 euros), 15 partidos (1.000 euros) ou 20 partidos (1.300 euros de alugamento), que só poderán concretarse con entidades, clubes deportivos ou federacións para disputar encontros de competicións federadas.

O Pleno aprobou ademais o Plan Estratéxico de Subvencións 2025-2028, que ven a substituír e actualizar o que estaba en vigor ata o ano pasado, e que rexerá a concesións de subvencións municipais ata 2028 e os obxectivos que se perseguen coas mesmas.

Neste plan contémplanse as subvencións nominativas deste ano e as liñas estratéxicas de actuación, que contemplan o fomento e promoción do deporte, a cultura, xuventude e o fomento turístico da Baña nos seus distintos ámbitos (liña 1); o fomento da acción social, fomento da natalidade, o acceso á  educación, protección das familias e vivenda (liña 2); o fomento do sector primario (liña 3), o fomento da saúde mental (liña 4), e, na liña 5, o fomento do desenvolvemento económico local, o comercio e o emprego.

José Antonio Pereira explicou que este plan estratéxico inclúe xa medidas para fomentar o aluguer das vivendas deshabitadas do Concello da Baña co fin de aumentar a poboación, como establece o plan de vivenda municipal.

No apartado de rogos e preguntas tanto PP como BNG preguntaron por diferentes aspectos relacionados coa obra no Camiño de Monelos. José Antonio Pereira explicou que o director de obra estaba a preparar toda a documentación do remate da obra, e que unha vez estea rematado o propio técnico poderá dar as explicacións e aclararlle as dúbidas que teñan os dous grupos.

Post navigation

Previous: Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas
Next: O máis lido en Lindeiros do  26 ao 31 de maio

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.