Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña aproba en pleno distintas medidas relacionadas cos impostos

A Baña: Pleno ordinario de novembro subida lixo dez por cento

Minuto de silencio en memoria das vítimas da DANA

Bisbarra, 29 de novembro do 2024 – O concello da Baña celebrou un pleno este pasado mércores no que impostos como o do lixo, o IBI, o IAE ou o ICIO foron os protagonistas principais.

Minuto de silencio en memoria das vítimas da DANA

Aprobouse por unha banda a subida do recibo do lixo nun 10%. Queda a suba moi afastada do 50% imposta por SOGAMA xa que o goberno considera que é inasumible para a veciñanza. O alcalde, José Antonio Pereira, volveu criticar con dureza o forte incremento do canon que aplicará a Xunta a partir do ano que ven pola recollida de lixo. Sogama pasará de cobrar 66 euros por tonelada a fixar unha tarifa de 95 euros, despois do desconto de 12 euros que aplica a Xunta.

“Buscaremos recursos por outras vías para compensar o déficit desta taxa”, asegurou Pereira Gil para xustificar a proposta do equipo de goberno. O informe da secretaría e intervención recoñece que con esta subida a taxa só cubrirá a metade do custe do servizo. A proposta foi aprobada cos 6 votos a favor do equipo de goberno (PSdeG e BNG) e os 5 en contra do PP.

Doing Business Galicia

Na sesión tamén se acordou por unanimidade modificar as ordenanzas reguladoras da contribución (IBI rústica e urbana), de actividades económicas (IAE) e de construción (ICIO) adaptándoas ao convenio Concellos Doing Business Galicia asinado entre Xunta e Fegamp.

Este acordo ten como obxectivo o fomento do emprego e favorecer o asentamento de empresas no polígono industrial e noutras zonas do municipio para crear postos de traballo.

Ademais de actualizar as tarifas e favorecer os descontos a aquelas iniciativas que xeren postos de traballo na Baña, con esta medida o Concello poderá recibir máis subvencións doutras administracións.

Cemiterio de San Mamede do Monte

Por unanimidade aprobouse bonificar o imposto de construcións dos panteóns de San Mamede do Monte, como solicitaba a Asociación de Veciños Outeiro. Tamén co voto favorable de todos os concelleiros e concelleiras ratificouse o convenio de cesión de terreos para a mellora do primeiro treito do Camiño de Monelos.

Reclamacións á Xunta

As tres moción presentadas no pleno, unha por cada grupo políticos, foron aprobadas por unanimidade. O grupo socialista volveu denunciar a discriminación que está a manter a Xunta de Galicia coa Baña, ao non incluír ningunha obra nos orzamentos autonómicos, e presentou unha moción na que lle pide ao Goberno galego que inclúa nos orzamentos de 2025 sendas partidas para executar o saneamento nas parroquias de Troitosende e de San Cibrán e unha partida para urbanizar o polígono industrial.

A moción en defensa da lingua galega presentada polo BNG reclámalle á Xunta diferentes accións para defender o noso idioma como patrimonio colectivo de incalculable valor e poñer en marcha medidas que permitan darlle a volta a situación actual (cada vez menos xente fala a lingua propia). A moción tamén recolle que o Concello da Baña se adhira á Plataforma Queremos Galego.

O Partido Popular presentou unha proposta con motivo do 25N na que se solicita ao Concello da Baña, á Xunta e ao Goberno central por en marcha diferentes iniciativas para acabar coa violencia contra as mulleres.

Post navigation

Previous: Arzúa presenta o Día do Comercio Local 2024
Next: Oroso aproba uns orzamentos que ascenden a 8,3 millóns de euros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.