Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

Polémica na Baña por duplicarse, nun ano, o custo das facturas do concello

O pleno ordinario do concello da Baña aprobou dous recoñecementos extraxudiciais de crédito para pagar facturas do ano pasado.
Concello de A Banha DSC_0416 slide_r

Bisbarra, 30 de xaneiro do 2023 – O pleno ordinario do concello da Baña aprobou dous recoñecementos extraxudiciais de crédito para pagar facturas do ano pasado.

Imaxe de rquivo dun pleno na Baña

O grupo socialista criticou estes recoñecemento que supón cerca de medio millón de euros en gastos. Lembraron que hai un ano, cando gobernaban, foron criticados por que as facturas supuxeron  daquela 270.000 euros.

O voceiro socialista, José Antonio Pereira, explica nun comunicado que “este ano de mandato do bipartito, a débeda multiplicouse  por 2. Pasou de 270.000 €, a preto de medio millón de euros, o dobre”, e cualifica ao goberno de PP e Compromiso de “incompetente”.

O Psoe fala de “convenios pantasma” que supoñen un incremento dun 150% en publicidade e que segundo o secretario municipal “non existen nin hai nada firmado por parte do Concello”

Os socialistas critican ademais que moitas das facturas son de empresas de fora do concello “Mercan bolígrafos, e lapis por valor de 223 €,  material de oficina por preto de 400 €, todo nunha empresa de fora da Baña, tendo unha librería a escasos 100 metros de aquí. Flores en empresas de Santa Comba, material de limpeza en empresas de Santiago, e levan a reparar os vehículos e a maquinaria a talleres de fora do Concello. Xa llo explicará os comerciantes locais”.

Pereira engade que “a todo isto hai que engadir os 74.000 € que lle debe o Concello da Baña á Mancomunidade do Tambre da anualidade 2022, e os 390.000 € dun préstamo do que non se amortizou nin un só céntimo”. 

O goberno fala de falta de tesourería

O alcalde, Andrés García Cardeso, replicou que Pereira Gil deixara o Concello sen tesourería por “non saber xestionar a subvención do IDAE e pagar case medio millón de euros en vez de utilizar un endoso. O Concello pagou, pero aínda non cobrou ese medio millón, polo que estamos sen fondos para pagar esas facturas” que forman parte dos dous expedientes aprobados no Pleno. Cardeso non respondeu ao incremento do gasto denunciado polo Psoe.

Os expedientes foron aprobados cos votos a favor do PP e de Compromiso A Baña e a abstención do Psoe.

Na sesión tamén tomou posesión como concelleiro Álvaro Silva Suárez, que se incorpora ao grupo socialista tras a dimisión como concelleira de Mónica González.

Post navigation

Previous: Frades celebra a DIA negativa do parque eólico Gasalla
Next: Unha pediatra para catro centros de saúde

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.