Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña modifica Plan Municipal de Voluntariado

O Pleno da Baña aproba a modificación do Plan de Voluntariado

Bisbarra, 27 de setembro do 2024 –  O pleno da Baña aprobou por unanimidade modificar a normativa do Plan Municipal de Voluntariado que permitindo remuneracións.

O Plan de Voluntariado permitirá con estes cambios unha compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamento, xerados pola colaboración das persoas voluntarias, cun importe de 8,33 euros/hora.

Este cambio está pensado, fundamentalmente, para facilitar que o servizo de Madrugadores poida ser atendido por persoas voluntarias, que percibirán o mesmo importe que a Xunta destina as persoas que colaboran cos servizos de comedor.

Deste xeito, o Concello poderá prestar un servizo fundamental de conciliación para familias que levan as súas crianzas tanto ao CPI San Vicente como a CRA de Lañas.

Estrada de Lañas

A Corporación da Baña aprobou, tamén por unanimidade, solicitarlle unha subvención nominativa á Deputación da Coruña para continuar coa mellora da estrada de Lañas. O proxecto ten un orzamento de 299.999 euros, e o Concello solicitará á Deputación unha subvención nominativa de 200.000 euros comprometéndose a financiar os 99.999 euros restantes con fondos propios ou con achegas doutras administracións.

Conta xeral e mocións

A unanimidade serviu tamén para aprobar a conta xeral de 2023 e o convenio firmado cos propietarios implicados para a cesión de terreos que permitirán arranxar o primeiro tramo do Camiño de Monelos.

No capítulo de mocións, a presentada polo equipo de goberno reclamándolle á Xunta e a Sogama que non apliquen o incremento do canon previsto para 2025 e que se manteña o desconto do 15% actual foi aprobada cos votos a favor de PSdeG e BNG (6). A proposta tamén pide ampliar as plantas de biorresiduos existentes, como estaba previsto no plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2022.

O PP votou en contra desta iniciativa, e presentou unha moción tamén sobre o canon de Sogama na que reclamaban que, primeiro, o Goberno central retirara o imposto que se aplicará a incineración de residuos e non aplique aínda a directiva de Bruxelas, como fan a maioría de países da Unión Europea, dixo o portavoz popular, Andrés García Cardeso.

O alcalde, José Antonio Pereira (PSdeG), e a tenente de alcalde Mónica González (BNG), insistiron que “quen aplica subida do canon é Sogama, que é unha empresa controlada pola Xunta. Se suben o canon, ese incremento vai repercutir na subida do recibo do lixo da veciñanza da Baña. É Sogama que debe tomar a decisión e non subir o canon”, aseguraron dende o goberno da Baña. A moción do PP foi rexeitada cos seis votos en contra de PSdeG e BNG, e cinco a favor do PP.

Tamén foi rexeitada a moción presentada polo PP sobre Venezuela.

No último apartado, en resposta á pregunta formulada polo PP de cando vai tomar posesión o persoal que aprobou a oposición do proceso de estabilización, o alcalde comprometeuse a que se fará antes do 31 de decembro, que é o prazo que establece a normativa vixente. José Antonio Pereira explicou que está á espera de que a secretaria-interventora analice o expediente para culminar o proceso.

Mónica González, pola súa banda, explicou que tras unha reunión co director xeral de Familia, Jacobo Rey, o Concello da Baña vaille solicitar á Xunta unha subvención para converter o PAI nunha escola infantil con 35-40 prazas e poder así atender todas as solicitudes das familias. O punto de atención á infancia conta actualmente con 20 prazas, e este curso moitas familias quedaron en lista de agarda.

Post navigation

Previous: Galicreques chegará en outubro ollando a Portugal
Next: Adxudicada a acometida eléctrica da depuradora de Silvouta, en Compostela

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.