Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

Plan de vivenda propio para  A Baña

A BANHA PLAN VIVENDA SLIDE 9 ABRIL 2025

O goberno municipal quere revitalizar o concello e pon en marcha un plan de vivenda que amplíe a oferta de aluguer que inclúe seguros de morosidade.

A vivenda é un problema desde hai tempo pero si antes a preocupación estaba nos concellos máis grandes agora chega tamén aos máis pequenos. A Baña decidiu actuar para buscar solucións que ademais fixen poboación.

O Plan de Vivenda da Baña tratará de dinamizar o mercado de alugueiro, dar uso ás vivendas baleiras e atraer nova veciñanza ao municipio. Trátase dunha iniciativa pensada para mellorar a accesibilidade á vivenda, fomentar o asentamento de persoas novas e loitar contra o despoboamento do rural.

O alcalde, José Antonio Pereira ven de dirixir unha carta á veciñanza na que explica que as medidas que se tomen responden á vontade do goberno local de “aproveitar os recursos existentes e contribuír á revitalización do territorio”.

A Baña quere poñer en valor as vantaxes de vivir no rural. “En tempos nos que o acceso á vivenda nos núcleos urbanos é cada vez máis difícil, as contornas rurais como a nosa ofrecen calidade de vida, tranquilidade e oportunidades”, explica o rexedor.

O Plan de Vivenda contempla dúas liñas principais de apoio para aquelas persoas que dispoñan de inmobles desocupados e queiran poñelos en alugueiro. Por unha banda, a subvención do 100% do seguro de morosidade, ca fin de garantirlles seguridade e confianza aos propietarios que aposten por esta vía.

Tamén ofrece asesoramento técnico gratuíto, a través dun profesional do Concello que ofrecerá acompañamento en todos os trámites: elaboración de contratos, cumprimento dos requisitos legais, acceso a subvencións ou melloras, etc.

O Concello pretende eliminar deste xeito as barreiras que moitas veces frean aos propietarios á hora de alugar unha vivenda, facilitando e simplificando todo o proceso. O alcalde anima ás persoas que teñan vivendas baleiras habitables a informarse e participar neste plan, e fai un chamamento ao compromiso colectivo: “Entre todos e todas podemos facer da Baña un lugar aínda mellor para vivir. Este plan é unha oportunidade para xerar comunidade, atraer xente nova e aproveitar o que xa temos: casas que poden volver ter vida e familias que queren empezar un proxecto aquí”.

O Concello manterá canles abertas de comunicación directa para resolver dúbidas e atender as persoas interesadas. Toda a información poderá consultarse tamén nas oficinas do propio Concello.

Post navigation

Previous: Nova ordenanza de residuos en Compostela
Next: Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.