займ срочно

A Xunta reforzará o servizo de pediatría e matrona na Baña, ou non

0

Bisbarra, 20 de abril do 2023 – A política é as veces o arte de dicir o mesmo e o contrario e que soe coherente, unha proposta socialista sobre os servizos de matrona e pediatría na Baña provocou onte no Parlamento un de estes casos.

Protesta no Centro de Saúde da Baña

A proposta socialista esíxelle á Xunta de Galicia que garanta a cobertura do servizo de Pediatría tódolos días da semana e que cubra a praza de matrona do Centro de Saúde da Baña e que o faga de inmediato. A encargada de responder por parte da Xunta de Galicia foi a parlamentaria Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez que comezou dicindo que apoiarían a proposta

Pero tras repasar a situación de centro médico da Baña, e culpar ao Goberno Central por non autorizar máis prazas de pediatría, Marta Rodríguez afirmou que non consideraban necesarios os reforzos que solicitaba o grupo socialista

A proposta fora presentada e introducida pola parlamentaría socialista Noa Díaz que mostraba a súa ledicia polo apoio por parte do Partido Popular pero recoñecía sentirse un tanto “perplexa”

A proposta era tamén apoiada polo BNG e finalmente aprobada. Díaz presentara a  iniciativa diante da “desatención” que padecen os 260 nenos e nenas de 0 a 4 anos do Concello da Baña, que “só se poden poñer enfermos os martes e os xoves”, cando atende a pediatra. O resto dos días, explicou, teñen que desprazarse 18 quilómetros ata o Centro de Saúde de Mazaricos, onde os atende a pediatra os luns, mércores e venres.

A parlamentaria socialista poñía ademais o foco en que Mazaricos queda en sentido contrario a Santiago de Compostela onde está o Complexo Hospitalario. Isto implica que no caso de que o neno que se levou a Mazaricos sexa considerado unha urxencia terá que desandar o camiño.

Noa Díaz tamén cualificou de  “despropósito” o servizo de matrona, que tivo que desprazarse ao PAC pola falla de espazo no Centro de Saúde de Negreira. Ademais, engade, tódalas mulleres embarazadas atendidas por este servizo, as de Negreira e as da Baña, teñen que trasladarse ata Brión para realizar a preparación do parto porque non hai unha sala axeitada no seu concello.

Noa Díaz acusou ao goberno galego de “deixar a toda a sociedade sen a cobertura dun dereito fundamental como é o da saúde”, xa que as eivas nos concellos do entorno de Compostela provocan que as persoas que precisan ser atendidas se despracen ata o hospital de referencia, que é o CHUS, colapsando aínda máis os servizos de Urxencias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies