Bisbarra, 27 de decembro do 2023 – O concello da Baña ven de aprobar os orzamentos para o ano 2024 que ascenden a un total de 3,9 millóns de euros.
O alcalde, José Antonio Pereira, cualificou os orzamentos como uns “presupostos austeros e realistas que permitirán “pagar as débedas de máis dun millón de euros que nos deixou o anterior goberno”. O documento foi aprobado cos votos a favor de PSdeG e BNG e a abstención do PP-
Os presupostos aprobados onte son lixeiramente inferiores aos do presente exercicio. Manteñen as axudas aos colectivos sociais e engadese unha subvención de 12.000 euros para a Festa da Filloa e outra partida de 300.000 euros para a mellora da estrada entre Vilar da. Torre e Paramos.
Na mesma liña incidiu a tenente de alcalde, Mónica González, ao asegurar que estas contas “permitirán pagar servizos básicos e as facturas pendentes a pequenos provedores”.
Dende o PP, Andrés García Cardeso votou en falta a desagregación das inversións, pero dixo que o seu grupo “quería ser construtivo” e adiantou a abstención.
A maior partida de ingresos dos orzamentos da Baña para 2024 proceden das transferencias correntes doutras administracións (2,52 millóns de euros). Os impostos directos (639.000 euros), as taxas e prezos públicos (334.000) e as transferencias de capital (307.000).
Polo que se refire aos gastos, a maior parte destínanse a pagar dos gastos correntes e servizos que recibe a veciñanza (1,74 millóns de euros) o para gastos de persoal (1,43 millóns). Para investimentos reais resérvanse 491.000 euros e outros 191.000 para transferencias correntes.
Rexeitada a RPT
No pleno foi rexeitada a RPT (relación de postos de traballo). O alcalde dixo que tras anos de traballo e negociación cos sindicatos e traballadores, presentábase un documento moi importante para organizar o traballo do persoal, que busca a eficiencia da administración local e mesmo crea postos de traballo.
Para José Antonio Pereira este é un “documento vivo, que se pode mellorar, e que está consensuado cos representantes dos traballadores. Na última mesa de negociación aclaráronse moitas dúbidas”, dixo.
Dende o PP pediron retirar o punto da orde do día para seguir negociando e buscar o consenso con traballadores e sindicatos. Mónica González (BNG) dixo que a RPT non cumpre coa optimización dos recursos humanos dos que dispón o concello, que ten incongruencias e que non ten o respaldo da maioría dos traballadores municipais.
Ao sometela a votación, o PSdeG (5) votou a favor e o PP (5) e BNG (1) votaron en contra, polo que a RPT foi rexeitada.