Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

A veciñanza da Baña recollerá os rótulos nas dependencias municipais

a banha nova umeracion 5 outubro 2026

A Baña, 05/10/2026 – O Concello da Baña dá un novo paso na modernización dos servizos á veciñanza coa posta en marcha da nova numeración municipal. O goberno xa dispón das placas para iniciar unha primeira entrega que abrangue once parroquias, con recollida nas dependencias municipais en horario de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas.

Esta primeira distribución abrangue San Vicenzo da Baña, Santa María de Ordoeste, Sanamede do Monte, Santa Baia de Lañas, San Pedro de Fiopáns, Santa María de Troitosende, Santa Cristina de Marcelle, Santa Mariña do Barro, San Miguel de Cabanas, Sanamede de Suevos e San Xoán da Riba. O Concello daralles a coñecer nas vindeiras semanas as datas e os puntos de entrega das parroquias restantes.

A medida da Baña forma parte do proxecto de Numeración Dixital Municipal, destinado a actualizar os enderezos e identificar de maneira inequívoca as vivendas, os establecementos comerciais e as edificacións industriais, entre outros inmobles.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, explica que a medida nace “co fin de facilitar o labor dos servizos de emerxencia, no caso de que sexan precisos, e mellorar a localización para a entrega de correo postal e paquetería”.

Consulta do número asignado e indicacións para a colocación

As persoas interesadas poden comprobar o número que lles corresponde a través do visor dixital, dispoñible na ligazón https://eibisa.github.io/num15007/index.html .

A placa deberá instalarse no exterior, nun lugar visible e accesible, a unha altura máxima de dous metros. Cando a numeración antiga non coincida coa nova asignada, será necesario retirala para evitar confusións.

Esta sinalización física compleméntase cunha plataforma baseada nun sistema de información xeográfica, que permite consultar os enderezos e a súa localización.

Financiamento para a transformación dixital do rural

O Concello obtivo unha subvención para desenvolver esta iniciativa, orientada a mellorar o acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación e favorecer o seu uso no medio rural. A captación destes recursos permite impulsar unha actuación con aplicación directa na vida diaria da poboación.

A axuda está cofinanciada no marco da intervención Leader do PEPAC 2023-2027, xestionada a través do GDR Terras de Compostela, e contribúe aos obxectivos da política de desenvolvemento rural da Unión Europea.

Post navigation

Previous: Santa Comba licita a mellora de viarios
Next: Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.