Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña celebra unha nova edición dos Maios

Cartel anunciando a festa dos Maios na Baña

A Baña, 15/04/2026 – O Concello da Baña organiza o domingo 10 de maio unha nova edición dos Maios, unha iniciativa que xa se levou a cabo o pasado ano e que busca recuperar e poñer en valor tradicións propias de Galicia vinculadas á chegada da primavera.

Os Maios desenvolveranse entre as 10.00 e as 20.00 horas na Praza do Concello. A programación comezará cun obradoiro de elaboración de maios impartido por Oli Xiráldez, no que as persoas participantes aprenderán a construír estas estruturas tradicionais a partir de materiais naturais. O proceso inclúe a recollida de fiúncho e doutros elementos vexetais, así como o seu ensamblaxe e tecido sobre unha estrutura interna, seguindo as técnicas tradicionais.

Ao longo da xornada está previsto tamén un espazo para o encontro veciñal arredor dun xantar compartido, no que cada persoa deberá levar a súa propia comida. No caso de que o tempo acompañe, esta actividade realizarase ao aire libre na área recreativa do río Albariña, mentres que en caso de choiva ou baixas temperaturas trasladarase a unha instalación municipal.

A programación da tarde inclúe unha sesión de regueifas a cargo de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, que ademais de amosar esta expresión da tradición oral galega, ofrecerán nocións básicas para facilitar a participación do público.

A xornada rematará cun espectáculo de monicreques para público familiar, Latexos. As lendas do Castro, a cargo de K’Paparota Teatro. Todas as actividades están previstas inicialmente na Praza do Concello, aínda que, en función da climatoloxía, poderán trasladarse ao centro sociocultural. A iniciativa está organizada pola Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía.

Post navigation

Previous: Camiñar Santiago con “Compostela Des-parellada”
Next: CACTEC  abre un centro no Milladoiro especializado en sistemas aéreos non tripulados

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.