Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña presenta o venres 20 “Outono de Monólogos”

a-banha-monologos-slide-17-setembro-2024_r

Bisbarra, 17 de setembro do 2024 – O Concello da Baña, a través da Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía, presenta unha nova edición do seu programa Outono Cultural co ciclo “Outono de Monólogos”.

As actuacións comezarán este venres 20 de setembro da man de Debullando Teatro e o seu “Monólogos 3 en 1” cargado de gargalladas e bo humor.

No mes de outubro a cita é coa compañía Inventi Teatro, que o luns 14 ofrece “Marcho que teño que marchar”. Trátase dun emocionante e divertido espectáculo de Bea Campos que ofrece un momento para a reflexión sobre os roles establecidos, as herdanza culturais e as tradicións familiares.

O mes de novembro estará repleto de humor e teatro, con tres espectáculos programados. O día 8 de novembro, Xarope Tulú achegará ao público a obra “Vicio houbo sempre” onde Atenea García recolle historias de vía nas marxes de mulleres maiores de 85 anos. Estas charlas acaban, en moitas ocasións, falando de pracer e sexualidade, de cousas supostamente prohibidas tempo atrás, deixando entrever que cousas como chegar virxe ao matrimonio sucedía, pero non sempre.

O día seguinte, o 9 de novembro, Debullando Teatro volverá ao escenario, desta vez en Lañas, cunha nova función titulada “E ti de quen ves sendo” ás 19:00 horas.

O ciclo pecharase o venres 22 de novembro coa actuación de Leti da Taberna que presentará “Enredadas”. Neste monólogo Leticia Miraz explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día, provocando que o público se vexa identificado coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesmo.

Todas as actuacións levaranse a cabo na Casa da Cultura ás 20.30 horas excepto “E ti de que ves sendo” que terá lugar en Lañas ás 19.00 horas.

Este Outono de Monólogos está organizado co apoio da Deputación da Coruña, ofrecendo unha programación variada e de calidade para todas as idades, que promete encher de risas e bo humor as tardes de outono á veciñanza do Concello da Baña.

Post navigation

Previous: Novo regulamento de circulación e plan de mobilidade para Compostela
Next: Transportes comeza as obras na travesía do Milladoiro

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.