A Baña, 15 de decembro do 2021 – O popular García Cardeso volve a ser alcalde da Baña ao prosperar a moción presentada co apoio de Compromiso A Baña.
Nunha sesión sin incidentes, aínda que chea de acusacións entre os tres partidos da corporación, Cardeso volveu ao cargo que tivera que deixar no 2019 tras no acadar maioría suficiente nas eleccións e Compromiso apoiar en aquela ocasión ao candidato do Psoe, José Antonio Pereira.
O voceiro de Compromiso, Cesar Ramos, defendeu a moción pola imposibilidade de chegar a acordos cos socialistas pola “prepotencia, falta de capacidade e nefasta xestión de José Antonio Pereira”. Ao remate da sesión Ramos recibiu as felicitacións de algúns veciños mentres que outros lle dicían “a min non me volva a falar” ou “non contes co meu voto nunca máis”.
O xa alcalde, García Cardeso, explicaba na súa intervención que tiveran moitas chamadas para levar adiante a moción. Falaba tamén de dar un cambio de rumbo á xestión e defendía o traballo por riba das ideoloxías. Preguntado pola denuncia presentada nos xulgados de Negreira explicaba que ” a licenza está ben e verase que todo é unha mentira”.
O alcalde saínte, José Antonio Pereira, contou co apoio de medio cento de persoas que se concentraron diante do concello. Os principais cargos do partido socialista en Galicia pasaron pola Baña ou fixeron público o seu apoio ao ex rexedor. Na súa intervención lembrou que desde o primeiro momento tivo unha oposición que non quixo negociar, mantendo ao seu equipo seis meses sen soldo e negándose a apoiar os orzamentos pese ñas invitacións a presentar enmendas. Anuncio tamén que se presentará novamente nas vindeiras eleccións con intención de recuperar a alcaldía.
Un goberno distinto
O equipo de goberno que formarán Partido Popular e Compromiso pola Baña será distinto por moitas razóns. A primeira por ser, en teoría e como recoñeceu no pleno o voceiro de Compromiso, dous partidos con visións ideolóxicas opostas.
Por outra banda o no alcalde, o popular García Cardeso, terá que gobernar despois de 24 anos de maiorías absolutas en coalición. Queda pendente a resolución da denuncia por presunta falsidade en documento público que o podería sentar no xulgado como investigado.
Incógnita tamén sobre Compromiso X A Baña xa que militantes destacados do partido en Galicia mostraron a súa oposición a este acordo. Ao mesmo tempo é un partido do que moitos militantes marcharon en xuño de este ano para formar o Partido Galego.
Todo o pleno podese ver no seguinte vídeo