Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Axenda
  • Xeral

A Baña celebrará o 14 de decembro o seu Mercado de Nadal

a banha mercado nadal 4 decembro 2025

O pavillón municipal da Baña será o vindeiro domingo 14 de decembro o punto de encontro das festas do municipio coa celebración do Mercado de Nadal 2025, unha cita organizada dende a Concellería de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía que regresa cun programa variado e pensado para todas as idades.

O Mercado de Nadal comezará ás 12.00 horas coa apertura oficial e a actuación da Escola de Música Tradicional da Baña, que dará paso, ás 12.30 horas, ao primeiro obradoiro: A miña cociña, o meu lar, con sesións de mañá e tarde para todos os interesados.

Xa pola tarde, ás 15.30 horas, será a quenda do grupo As Atrevidas de Monte, que encherán o pavillón de música e diversión, mantendo o espírito festivo e familiar durante toda a xornada.

Ás 16.00 horas, o público poderá participar no obradoiro de coroas naturais, organizado por AFA Avania e dirixido a persoas adultas e a cativada a partir de 6 anos, para o que é necesaria inscrición previa no teléfono 697 342 138.

Ás 17.00 horas, chegará ao Mercado de Nadal a compañía A Xanela do Maxín que presentará o espectáculo familiar “Agasallos do Apalpador: palabras e xoguetes”.

Un espectáculo familiar no que o Apalpador baixa das montañas do Courel para recuperar palabras en galego esquecidas. As nenas e nenos participarán redescubrindo nomes de xoguetes e expresións antigas, e despois poderán xogar e dar vida a esas palabras nunha instalación con xogos e xoguetes tradicionais.  

Tras a representación, chegará un dos momentos máis esperados no Mercado de Nadal coa chegada conxunta de Papá Noel e o Apalpador, prevista para as 18.15 horas, seguida de xogos populares abertos a todas as idades ás 18.30 horas.

Ás 19.30 horas, darase a coñecer o fallo do concurso de Postais de Nadal en galego, no que participou a mocidade do concello co obxectivo de facer visible o noso idioma nestas datas. Todas as postais estarán expostas na feira, completando así unha xornada cultural e lúdica para todos.

O Mercado de Nadal pechará ás 20.00 horas, despois dunha intensa xornada na que veciñas e veciños poderán tamén gozar dos tradicionais postos de artesanía, doces típicos e das populares filloas de pedra.

A Concello da Baña convida á veciñanza a achegarse ao pavillón para compartir unha xornada festiva, apoiar o comercio local e vivir o espírito do Nadal en comunidade.

Post navigation

Previous: Leticia Rey e Emmy Curl no Nadal de Compostela
Next: Oroso inicia a senda peonil entre vilarelle e valverde

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.