Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

O ex alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, podería será xulgado por malversación de caudais públicos

a banha xuizo gracia cardeso slide 11 marzo 2025

O ex alcalde apropiouse presuntamente de 5 teléfonos móbiles pertencentes ao concello da Baña. Xunto a García Cardeso podería ser xulgada a súa ex muller como cooperadora necesaria.

O Xulgado de instrución nº 1 de Negreira levaba meses investigando a desaparición de varios teléfonos móbiles propiedade do concello da Baña. Como consecuencia de esas dilixencias, o instrutor emite un auto no que solicita a apertura de xuízo oral contra o ex alcalde José Andrés García Cardeso como posible autor dun delito de apropiación de caudais públicos.

José Andrés García Cardeso – Imaxe Concello da Baña

Como contamos en Lindeiros en setembro do 2023, o concello dirixiu por aquel entón un oficio a García Cardeso preguntándolle pola desaparición de 7 teléfonos móbiles, comprados con fondos municipais, que chegaran ao concello dirixidos a él.

Antes do envío do oficio o actual alcalde, José Antonio Pereira, preguntoulle nun pleno por esta cuestión. O ex alcalde respondeu que “Todos os teléfonos foron solicitados para a brigada de obras e a outros departamentos municipais, e distribuídos dende o departamento de Cultura. Eu non pedín nada”.

O instrutor da investigación considera que existen “serios e contundentes indicios de que o investigado, José Andrés García Cardeso, valéndose do seu anterior cargo público, alcalde da Baña, distraeu 5 terminais móbiles pertencentes ao concello”.

O instrutor indica no auto que un de eses teléfonos foi entregado a ex muller de García Cardeso, María del Carmen Silva, e dado que nunca foron devoltos a considera cooperadora necesaria e pide tamén que sexa xulgada.

O feito de que nun pleno fósenlle reclamados os teléfonos e estes non foran devoltos é para o instrutor unha demostración da presunta intención de apropiarse, beneficiarse, de bens públicos. O código penal contempla penas de dous a seis anos, inhabilitación especial para cargo público e suspensión do dereito a sufraxio de seis a dez anos.

Nas vindeiras semanas saberemos as peticións do fiscal e si o concello decide acudirse na causa como parte interesada.

Post navigation

Previous: Val do Dubra ten dez días máis para alegar contra o proxecto de vertedoiro en Niveiro
Next: Unha tarde con Samuel para loitar conta a enfermidade Duchenne-Becker

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.