Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

XXI Festa da Filloa da Pedra da Baña

a banha fesa filloa a pedra side 7 febreiro 2025 (14)

Bisbarra, 7 de febreiro di 2025 – A Baña celebrará o vindeiro día 16 a XXI Festa da Filloa da Pedra, no pavillón de San Vicenzo, e con Fillas de Cassandra como protagonistas da parte musical da celebración.

Mónica González presenta na Praza de Abastos de Santiago a XXI Festa da Filloa da Pedra da Baña

A Aula Gastronómica da Praza de Abastos de Santiago acolleu a presentación aos medios de comunicación da XXI Festa da Filloa da Pedra da Baña. Participaron Mónica González, concelleira de Acción Social, Cultural e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña; Emilio Lois, responsable da programación cultural da festa; e Elena López García, quen elaborou filloas da pedra en directo.

Asistiron á presentación o alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil; a concelleira de Festas de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro; membros do equipo de goberno e da Corporación da Baña; e a xerente do GDR Terras de Compostela, Chefa Fernández.

A concelleira Mónica González destacou a importancia da Festa da Filloa da Pedra como parte do patrimonio gastronómico e cultural da comarca, lembrando que o Pleno do Concello da Baña aprobou por unanimidade iniciar o expediente para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Neste sentido, sinalou que xa se está a traballar na documentación necesaria para poñer en valor a tradición e singularidade da Festa da Filloa da Pedra. Para iso, estase a elaborar un informe histórico e a recompilar fotografías antigas coa colaboración da veciñanza. Ademais, González quixo agradecer expresamente o traballo das persoas voluntarias que colaboran na elaboración das filloas, destacando o seu compromiso e dedicación para que a festa sexa un éxito.

Pola súa banda, Emilio Lois fixo fincapé na aposta pola música tradicional e pola cultura galega como elementos fundamentais do evento. “Este ano contaremos cun cartel de luxo, encabezado por Fillas de Cassandra, un grupo que está a revolucionar a escena musical galega cunha proposta innovadora que combina a tradición coas novas tendencias”, explicou.

A programación incluirá ademais actuacións de grupos como Trío Alborada, 7 Ferrados e Os Carunchos, así como da Escola de Música Tradicional da Baña, que abrirá as actuacións musicais ás 12.00 horas.

Unha xornada chea de tradición e cultura

A festa comezará ás 9.30 da mañá coa apertura das portas do pavillón, onde ao longo do día se poderá visitar o mercadiño de artesanía, ademais de gozar dunha mostra de artesanía en vivo. Paralelamente, ofreceranse degustacións de filloas da pedra, orella e chourizos, ademais de contar coa presenza dun polbeiro.

Este ano haberá 30 pedras en funcionamento para garantir unha elaboración continua de filloas, cun prezo de 1€ por unidade. Ademais, o sábado traballarase a porta pechada para acumular unha boa cantidade de filloas e garantir que ningunha persoa quede sen probar esta delicia tradicional.

Ás 10.00 h dará comezo a Ruta Ciclista da Filloa, unha actividade non competitiva que busca fomentar a práctica deportiva en familia e desfrutar dunha mañá diferente ao redor da gastronomía e da paisaxe bañense.

A partir das 12.00 h, a música encherá o recinto coa actuación da Escola de Música Tradicional da Baña, formada por músicos locais que están a preservar e difundir o legado sonoro galego. Á mesma hora, comezará o obradoiro de estampado de camisetas con collage fotográfico, organizado pola Asociación de Familias de Alumnos e Alumnas (AFA) do CPI San Vicente, no que poderán participar nenos e nenas a partir de 7 anos con inscrición previa.

O pregón deste ano será ás 13.00 h e correrá a cargo de Alonso Caxade, mestre e músico, coñecido tanto pola súa implicación educativa como pola súa traxectoria artística a través do proxecto de folk-pop que levou o seu nome, Caxade. O seu traballo na escola unitaria de Lañas deixou unha fonda pegada no ámbito educativo e cultural bañense.

Fin de festa con Fillas de Cassandra

Ás 13.30 h comezará o ‘tardeo’ con música en directo. O Trío Alborada abrirá o programa, seguido dos grupos 7 Ferrados e Os Carunchos, recoñecidos pola súa contribución á música tradicional galega e pola súa capacidade para animar calquera evento festivo.

Ás 17.00 h terá lugar a presentación do libro Ben mantidos. Historia cultural da Gastronomía Galega, de Xavier Castro Pérez. Este historiador e investigador analizará a evolución da alimentación en Galicia e a importancia da gastronomía na nosa identidade cultural.

A xornada pecharase cun concerto moi agardado: ás 19.30 h Fillas de Cassandra subirán ao escenario para poñerlle o broche de ouro á festa cun espectáculo cheo de enerxía e tradición reinterpretada.

Unha festa con arraigamento e proxección

A Festa da Filloa da Pedra da Baña está organizada polo Concello da Baña, coa colaboración da Deputación da Coruña e Ternera Gallega. Conta cunha longa tradición e mantén vivo un proceso de elaboración único. Durante a última edición, en 2024, participaron arredor de 10.000 persoas e repartíronse máis de 6.000 filloas.

Coa solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, o Concello da Baña espera seguir impulsando e recoñecendo este evento como un dos referentes gastronómicos e culturais máis importantes da provincia.

Post navigation

Previous: Depurar Ames
Next: Inaugurase a nova EDAR de Boqueixón

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.