займ срочно

A Baña se prepara para a Festa da Filloa da Pedra

0

Bisbarra, 20 de xaneiro do 2023 – Un ano máis A Baña prepara a festa da Filloa da Pedra que se celebrará o 12 de febreiro como antesala do Entroido 2023.

Son xa 19 anos de actividades arredor da Filloa da Pedra, produto emblemático da Baña. O pavillón de San Vicenzo acollerá esa fin de semana unha programación musical e de ocio na que os produtos empregados serán 100% ecolóxicos.

A Asociación Filloas da Pedra da Baña e o Concello organizan a cita, en colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). A participación desta última entidade enmárcase na aposta polo emprego de produtos ecolóxicos na festa, facendoa máis sostible, saudable e atractiva.

A programación comeza o sábado coa saída desde a praza do Concello dun pasarrúas a cargo da Banda de Música do Ateneo de Negreira, que tamén protagonizará ás 16:15 horas un concerto no polideportivo de San Vicenzo.

Un pouco antes, ás 16:00, levarase a cabo a inauguración oficial da Festa, na que se poderán degustar filloas da pedra da Baña e filloas de Muimenta, reafirmando unha colaboración que se estende desde hai varias edicións da actividade.

A música continúa ás 17:00h cunha foliada filloeira e, ás 20:00, co espectáculo protagonizado pola Orquestra Finisterre.

A actuación da Orquestra Olympus é o grande atractivo do domingo 12, día principal da Festa da Filloa da Pedra. O afamado conxunto comezará a actuar ás 19:00 horas e durante o descanso do concerto dispararanse fogos artificiais. Mais a programación dominical comeza moito antes. A festa abre ás 10:00 e, xa ás 12:00, acollerá a actuación dos Campantes da Baña. Ás 13:00 está prevista a lectura do pregón. Pola tarde, a charanga Os Atrevidos amenizará o recinto desde as 15:30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies