Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña quentou o domingo coas filloas da pedra

a banha festa filloa a pedra normal slide 17 febreiro 2025 (1)

Bisbarra, 17 de febreiro do 2025 – A Festa da Filloa da Pedra da Baña xa ten banda sonora grazas á peza composta por Caxade, pregoeiro da XXI edición.

Di a cantiga de Alonso Caxade “Lume a pedra, festa rachada, viva A Baña, Filloa dourada” estreada no comezo do pregón. Con este tema, que lle cede ao Concello, o que fora mestre na unitaria de Lañas e primeiro premio Daniel García Barros súmase a iniciativa para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico para a Festa da Filloa da Pedra da Baña.

Miles de persoas achegáronse durante toda a xornada deste domingo ata a Baña para participar nos numerosos actos organizados para celebrar a vixésimo primeira edición da Festa da Filloa da Pedra, que o Concello fai coincidir co comezo da tramitación do expediente para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para esta celebración tradicional.

Caxade non dubidou en asegurar que lle cedía esta canción ao Concello para promocionar a Festa da Filloa da Pedra, como lle pedira a tenente de alcalde Mónica González Blanco. Ao rematar o pregón, Mónica González e o alcalde, José Antonio Pereira, regaláronlle a Caxado unha pedra de granito para que poida facer filloas na casa.

En San Vicenzo servíronse preto de 10.000 filloas que prepararon voluntarias e voluntarios durante a fin de semana, moitas delas en directo nas 30 pedras colocadas no pavillón de San Lourenzo.

Moitos dos visitantes asinaron para solicitar que a Festa da Filloa da Pedra sexa declarada de interese turístico de Galicia, unha petición que tamén apoiou expresamente a portavoz do BNG do Parlamento galego, Ana Pontón, que se achegou ata a Baña e se animou a facer filloas e conversar coas voluntarias.

Na festa tamén estiveron presentes os alcaldes de Val do Dubra, Diego Díaz; e o de Santa Comba, Alberto Romar, así como concelleiros dos tres grupos políticos da Corporación da Baña. Os actos comezaron ás dez da mañá coa ruta ciclista da filloa, na que máis de medio cento de persoas percorreron dez quilómetros polo municipio bañense.

Integrantes da Escola de Música Tradicional da Baña iniciaron ao mediodía o apartado musical cunha concorrida e aplaudida actuación antes do pregón de Alberto Caxade. O trío Alborada encargouse da sesión vermú, mentres a Asociación de Familias do CPI San Vicente organizaba un taller de estampado de camisetas para a cativada.

O mercado de artesanía e a demostración de artesanía en vivo animou a mañá dunha festa que contou coa presencia de medios de comunicación autonómicos e nacionais. Durante o xantar, as persoas asistentes puideron degustar filloas da pedra, orella e chourizo no pavillón, ou por degustar polbo na carpa situada ao seu carón.

Xa pola tarde,  os grupos 7 Ferrados e Os Carunchos animaron a sobremesa, antes e despois da presentación do libro ‘Ben mantidos’, de Xavier Castro Pérez. O colofón a esta festa multitudinaria púxoa o concerto de Fillas de Cassandra.

Post navigation

Previous: Urxen a que se licite o servizo dos centros socioculturais de Santiago
Next: Controlar a auga

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.