Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña remata a renovación da estrada entre Vilar da Torre e Val do Dubra

A Baña tivo que realizar un investimento de máis de 600.000 euros divididos en tres fases

A BANHA OBRAS 28 SETEMBRO 2026

A Baña, 28/09/2026 – O Concello da Baña completou a renovación da estrada que comunica Vilar da Torre ao límite municipal con Val do Dubra, unha das principais vías internas de comunicación do concello.

 O remate das obras entre Lañas e O Pazo e entre O Pazo e o municipio veciño culmina unha intervención desenvolvida en tres fases, cun investimento global de preto de 645.000 euros, destinada a mellorar a seguridade e facilitar os desprazamentos nunha estrada de uso habitual para a veciñanza da Baña e da comarca.

A importancia destas obras reside tanto na renovación do firme como na función que cumpre esta vía: conectar os núcleos polos que transcorre e facilitar a comunicación con Val do Dubra. Coas tres fases finalizadas, a mellora abrangue todo o percorrido desde Vilar da Torre ata o límite municipal, dando continuidade aos treitos renovados.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, e o concelleiro de Obras, Jesús Manuel Pena, visitaron onte as dúas últimas actuacións rematadas. Aínda que corresponden a licitacións distintas, ambas as obras foron executadas conxuntamente pola empresa Excavaciones Yoni Tuñas S. L.

A intervención entre Lañas e O Pazo contou cun investimento de 299.999,98 euros, financiado pola Deputación da Coruña. Pola súa banda, a mellora do treito entre O Pazo e o límite municipal con Val do Dubra supuxo 94.902,72 euros. Estas dúas actuacións suman 394.902,70 euros.

Unha mellora completa dunha infraestrutura básica para o rural

As obras agora finalizadas dan continuidade á renovación realizada previamente entre Vilar da Torre e Lañas. Para acometer aquela primeira fase, o Concello da Baña e a Deputación da Coruña asinaron un convenio de cofinanciamento que establecía unha achega provincial de 200.000 euros, equivalente ao 80 % do orzamento previsto inicialmente, de 250.000 euros.

A execución das tres fases permite completar a mellora dunha infraestrutura básica para a mobilidade no rural. O resultado beneficia tanto a veciñanza dos lugares situados ao longo da estrada como as persoas que a empregan habitualmente para desprazarse entre municipios. Con esta intervención, o Concello da Baña mellora as condicións de circulación nunha vía moi transitada e reforza a conexión entre os seus núcleos de poboación, cunha actuación que repercute directamente na seguridade e na calidade dos desprazamentos diarios.

Post navigation

Previous: Dodro clausura o Programa Integrado de Emprego
Next: Ames aproba os pregos de licitación do futuro centro deportivo do Milladoiro

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.