A situación de José Antonio Pereira como alcalde da Baña é das máis tensas da bisbarra. Desde o momento en que recibiu o apoio para gobernar, Compromiso x Galicia quixo deixar claro que o seu papel era de oposición.
Con 4 concelleiros, fronte a 5 do PP e 2 de CxG, o Psoe precisa facer equilibrios para sacar adiante calquera iniciativa. Tanto José Antonio Pereira como a Primeira Tenente de Alcalde, Mónica González, tiveron que esperar varios meses antes de ter soldo. Foi tan só unha mostra de que ter o apoio para ser alcalde non quere dicir ter apoio para gobernar.
Falamos co rexedor cando todo parece estar máis estabilizado. Con plenos nos que se aproban decisións e as cousas comezan a funcionar. O primeiro que lle pedimos é unha valoración do sucedido ata o momento; valoración boa pero recoñecemento do complicado da situación
O feito de estar cinco meses sen soldo foi inusual. Todos coincidían en que tiñan que cobrar pero non se atopaba un camiño para a aprobación.
A situación económica da Baña despois de 24 anos de goberno do popular Andrés García Cardeso é sorprendente. O concello está saneado pero sen embargo hai moreas de facturas pendentes de pago
Outro dos debates de estes primeiros meses foi a constitución das mesas de contratación. A oposición pediu, e conseguiu, máis presencia de políticos nelas pero iso supón tamén máis número de funcionarios. Increméntase o gasto das mesas e redúcese o tempo que ditos funcionarios poden dedicar ao seu traballo habitual.
Un dos trámites que deberían aprobarse son uns novos orzamentos. O PP prorrogou nos últimos 3 anos as contas así que. no contexto actual, Pereira non é optimista
O novo alcalde ten como meta principal dinamizar o concello, intentar fixar poboación e para todo iso o polígono industrial é unha oportunidade
O papel da Deputación é fundamental en ese intento de revitalizar calquera concello pequeno, sen a súa aportación non se poderían afrontar moitas das melloras en infraestruturas que son tan necesarias
Rematamos falando de Festa porque na fin de semana celébrase a Festa da Filloa da Pedra, un evento que José Antonio Pereira espera que sexa un gran éxito, como en anos anteriores
José Antonio Pereira fala con calma dunha situación moi complexa. O reto dun pequeno concello como o da Baña semella o da supervivencia. Pode que este cambio de rumbo político sexa a última oportunidade pero, tanto si se aproveita como se non, non será responsabilidade única do rexedor. No contexto actual o papel do resto dos grupos non pode ser só o da oposición, PP e CxG terán que demostrar que o primeiro son os veciños.
