Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña destinará dous millóns de euros a obras ao longo do 2026

A Baña mellorará de viarios, extensión de redes de abastecemento e saneamento, e reformas en centros educativos

A BANHA PLAN VIVENDA NORMAL 9 ABRIL 2025

A Baña pasou en este mandato de comezar cunha débeda, nas eleccións do 2023, de 1,6 millóns de euros a presentar un plan de obras estratéxico que superará os dous millóns de euros. Estas melloras, que abarcan distintas áreas, financiaranse con fondos propios e da Deputación.

As melloras planificadas están destinadas a infraestruturas municipais, con especial atención ao viario público, ás redes de abastecemento e saneamento e á optimización de servizos básicos. Actuacións financiadas con fondos propios da Baña e achegas da Deputación.

O groso do investimento destínase ao viario municipal, enfocado en mellorar a seguridade e a comunicación entre os núcleos rurais. Entre o máis destacado está o acondicionamento do viario de Lañas ao lugar do Pazo, en Cabanas, orzamentado en 299.900 euros, que terá continuidade coa mellora do tramo que vai desde o propio Pazo ata o límite municipal co Val do Dubra, cunha partida adicional de 94.800 euros.

A mobilidade recibirá un impulso coa renovación da capa de rodaxe desde Liñares ata a Carballeira, un proxecto que supera os 382.000 euros, así como o reforzo do firme no traxecto que une Nantón con Buchaín (137.400 euros).

No que respecta á parroquia de Suevos, o Concello actuará na vía de Marcelle ao Reguenco cun investimento de case 190.000 euros, completando este bloque coas melloras nos viarios de San Cibrán (139.900 euros) e do Busto, en Ordoeste (96.100 euros).

Compromiso cos servizos básicos

No ámbito dos servizos básicos, o Concello da Baña acometerá a ampliación da rede de abastecemento de auga para garantir a subministración ao lugar de Nantón, cun investimento de 160.200 euros, e levará a cabo actuacións de saneamento nos lugares de Liñares e San Salvador, cun orzamento de 177.700 euros.

A estas actuacións súmase o abastecemento de auga e a aplicación dunha capa de rodaxe en Seoane, na parroquia de Barcala, cun investimento de 160.900 euros, así como a ampliación da rede de abastecemento para a subministración de auga na parroquia do Barro, cun custo de 114.700 euros.

Finalmente, dentro deste paquete de investimentos inclúese tamén unha actuación de mellora no Punto de Atención Infantil (PAI) do municipio, cun orzamento de 19.900 euros, destinada a optimizar as instalacións e os servizos que se prestan ás familias.

Unha xestión solvente para o futuro

Este conxunto de actuacións responde a unha planificación global que permite actuar de maneira equilibrada en diferentes zonas do concello, atendendo ás demandas da veciñanza e reforzando infraestruturas esenciais para o desenvolvemento do municipio.

Post navigation

Previous: Compostela presenta a súa visión do Ensanche do futuro
Next: A Xunta renova a rede de abastecemento na rúa Loureiro de Teo

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.