Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • A Baña

A Baña destina máis de 600.000 € a melloras de estradas

O investimento da Baña inclúe tamén un novo vehículo para servizos sociais

Vista da Baña, imaxe de arquivo

A Baña, 07/07/2026 – O Concello da Baña ven de licitar un ovo paquete de investimentos que supera os seiscentos mil euros. Estas licitacións forman parte do plan de investimentos previsto para este ano.

O plan do goberno municipal da Baña dálle prioridade aos servizos sociais e á mellora das infraestruturas que permiten a comunicacións dentro do termo municipal. En este último capitulo A partida máis elevada corresponde ás obras na vía entre o límite municipal e Vilacoba, na parroquia de Troitosende, cun orzamento de 242.653,80 euros.

Esta actuación que permitirá mellorar de forma significativa a seguridade e a comodidade da circulación nesta zona. Seguindo co investimento en infraestruturas, atopamos a mellora da estrada entre Vilar de Suso e o límite municipal da Baña, cun orzamento de 104.961,82 euros, así como a actuación nos accesos a Agra de Cabanas, dotada con 71.759 euros.

Ademais de estes investimentos, hai tamén melloras nas estradas de Busto, cun investimento de 65.640,52 euros, e as obras previstas nas de San Cibrán, cun importe de 95.639,30 euros.

Servizos sociais

Por outra banda o concello da Baña vem de licitar a adquisición dun novo vehículo destinado aos Servizos Sociais municipais, cun investimento de 54.724,76 euros, co obxectivo de reforzar os recursos dispoñibles para a atención á cidadanía e para mellorar a prestación deste servizo esencial.

Dous millóns de investimento en 2026

Este novo paquete de licitacións dá continuidade ao plan de investimentos impulsado polo Concello da Baña durante o ano 2026, que prevé a execución de actuacións por valor de dous millóns de euros en diferentes parroquias do municipio.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, explica que “Seguimos avanzando na execución dos compromisos adquiridos coa veciñanza, impulsando investimentos que permiten mellorar as comunicacións e reforzar os servizos públicos”.

Pereira engade que o obxectivo é  “continuar actuando de forma equilibrada nas distintas parroquias e responder ás necesidades reais do municipio cunha xestión responsable e eficaz dos recursos públicos”.

Post navigation

Previous: Delas Fest 2026
Next: ‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os 7, 8 e 9 de agosto

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.