Bisbarra, 29 de novembro do 2023 – O concello da Baña continúa a bo ritmo co despregamento de fibra óptica por todo o municipio.
O concello da Baña asinou no seu día un convenio con Rede Aberta co obxectivo de facilitar esta implantación. No convenio se recolle como novidade a posibilidade de que edificios municipais podan ser usados como base para cubrir o territorio.
Estes días visitou o concello Óscar Barreiro, director de operacións de Rede Aberta, para comprobar como avanzan os traballos. O concello aproveitou a visita para informarlle das carencias que afectan en particular a Cabanas, Troitosende e Lañas.
Barreiro comunicou que na actualidade Rede Aberta está en disposición de dar servizo a un total de 626 inmobles da Baña. A previsión é conseguir cubrir por completo todo o territorio do concello. Precisamente para que estes traballos sexan o máis eficientes posibles o goberno municipal prégalle á veciñanza que os que se atopen en zonas sen cobertura de internet o comuniquen a través dunha mensaxe de whastsapp ao número 620980631.