Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Entroido

Mad Max gaña no Entroido da Baña

A comparsa Mad Max, despois de gañar en Compostela, fíxose tamén co concurso da casa, o do concello da Baña de onde proceden.
entroido-a-banha-slide-2-marzo-2020-(6)_r

A Baña, 2 de marzo do 2020 – A comparsa Mad Max, despois de gañar en Compostela, fíxose tamén co concurso da casa, o do concello da Baña de onde proceden.

Mad Max gaña no Entroido da BañaMad Max naceu como comparsa na parroquia de Lañas, e levouse o galardón na categoría de carrozas. ‘Somolo demo’, dende Liñaio, quedou terceira en comparsas. A elas sumouse ‘Barcala na lúa’, que conseguiu ‘fichar’ ao Jorge Javier Vázquez para arrincar moitos sorriso e aplausos da veciñanza coas súas coplas satíricas sobre a situación política no concello, adicándolles cancións aos tres líderes políticos da Corporación municipal.

Mad Max gaña no Entroido da BañaNa categoría de carrozas, o terceiro premio foi para ‘Fantasía na fraga’, que chegou dende Oroso, e o segundo para a agrupación Estrelas da Noite que se desprazou dende Tomiño (Pontevedra) cunha proposta chamada ‘Fantasía de inverno’, na que participan 75 persoas e que tamén conseguiu o primeiro premio na categoría de comparsas.

Mad Max gaña no Entroido da BañaDende Compostela os ‘Vinkings Conxo’, coas súas caras pintadas, conseguiron o segundo premio en comparsas. Nestas dúas categorías, as tres primeiras agrupacións levaron un premio en metálico de 1.000, 500 e 200 euros, respectivamente.

As ‘Tartarugas Ninja’, en grupo, o ‘Doutor Maximus Pest’, en individual adulto, e ‘Transformer’, en infantil, foron os gañadores nas súas respectivas categorías e merecedores dun premio de 150, 100 e 100 euros, respectivamente.

Mad Max gaña no Entroido da BañaE aínda que non obtivo premio, a carroza ‘Barcala na lúa’ presentouse en San Vicenzo coa fichaxe estrela do televisivo Jorge Javier Vázquez e tamén co novo ‘alcalde da Baña’, que, bastón de mando en man, non tivo reparo en darlle un abrazo a José Antonio Pereira, que está á fronte do concello dende o pasado mes de xuño.

As súas propostas musicais tamén arrincaron numerosas risas e aplausos entre o público presente. Ao ex alcalde popular, Andrés García Cardeso, con moita sorna, dedicáronlle o corrido mexicano de Antonio Aguilar ‘Juan Charrasqueado’, ao que titularon ‘Andrés, o mal pagador’. Ao actual alcalde, José Antonio Pereira, cantáronlle a rancheira ‘El rey’, de Vicente Fernández, á que titularon ‘O alcalde sonche eu’. Para o líder de Compromiso por Galicia, César Ramos, ao que votaron en cara que non lles acompañara na comparsa, tiñan reservado o tema de Sergio Dalma ‘Yo no te pido la luna’, cun pequeno cambio en letra e título para adaptalo a ‘Eu non che pido o voto’.

Mad Max gaña no Entroido da Baña‘O pequeno reino de Ben e Holly’, ‘Barrio Guisandésamo’, ‘As sojras adovesidas nas vespas’, ‘Arca de Noé’, ‘A froitería da Ruliña’, ‘O Entroido ten un color especial’, ‘Magia Cíngara’, ‘Superheroes’ ou ‘Ajhata ruín da praza’ foron outras das comparsas e carrozas que o sábado desfilaron pola Baña entre os aplausos da veciñanza, que continuou a festa na carpa habilitada preto da escola de música, na que a cativada puido gozar cos inchables.

No palco da discoteca móbil CDC entregáronse os premios aos gañadores, no que houbo momentos de moita emoción, como cando lle entregaron o galardón a ‘Mad Max’ e un dos seus compoñentes máis novos non puido conter as bágoas. As gañas de divertirse e bailar continuaron ata a madrugada coa música do DJ que animou a verbena.

Post navigation

Previous: Os pregos de licitación da axuda no fogar de Touro primarán os criterios económicos
Next: Máis de 20.000 persoas na 37º Festa da Filloa de Lestedo

Máis novas

Vista da Baña, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

A Baña destina máis de 600.000 € a melloras de estradas

Imaxe duha das edicións da PequeRachada da Baña
2 minutes read
  • Xeral

PequeRachada na Baña

Cartel anunciando a festa dos Maios na Baña
2 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra unha nova edición dos Maios

Imaxe do pleno celebrado en A Baña
3 minutes read
  • A Baña

A Baña segue pagando as débedas do pasado

a banha segunda carreira popular 13 marzo 2026
4 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra o domingo 3 de maio a II Carreira Popular

Vista da Baña, imaxe de arquivo
3 minutes read
  • A Baña

A Baña activa un plan estratéxico de vivenda

A Baña reparte máis de 8000 filloas na XXII Festa da Filloa da Pedra
2 minutes read
  • A Baña

A Baña repartiu máis de 8.000 Filloas da Pedra

Alonso Caxade dedícalle unha canción á Festada Filloa da Pedra da Baña, que xuntou miles de persoas
3 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra este domingo a XXII Festa da Filloa da Pedra

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.