Bisbarra, 22 de setembro do 2023 – A Deputación investirá douscentos mil euros para o arranxo de vías públicas no concello da Baña.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello da Baña, José Antonio Pereira, asinaron na sede da institución provincial o convenio para cofinanciar as obras de pavimentación das rúas entre Vilar da Torre e Lañas. Ao acto asistiu tamén o deputado Antonio Leira.
A entidade provincial destinará 200.000 euros do investimento, que supón o 80 % do orzamento total. O obxecto de dito proxecto é mellorar a circulación e a seguridade vial no tramo que transcorre entre Vilar da Torre e Páramos, unha estrada moi transitada entre todos os veciños da Baña e da contorna..
Para iso executarase, en primeiro lugar, unha explanación e un rasanteo do firme, así como unha limpeza e perfilado de beiravías. A continuación estenderase unha base de macadam de 15 cm. de grosor e colocarase un rego de penetración e un rego superficial para completar a obra. Con esta nova acción mellorarase unha infraestrutura de carácter básico e moi utilizada para o Concello da Baña, mellorando o día a día tanto da súa veciñanza como a dos habitantes da comarca.