Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña segue pagando as débedas do pasado

O pleno aprobou dous expedientes de crédito destinados ao pago de débedas do 2025

Imaxe do pleno celebrado en A Baña

A Baña, 27/03/2026 – O Pleno da Baña aprobou dous expedientes extraxudiciais de crédito para liquidar facturas pendentes do exercicio 2025 por un importe global de 194.075,35 euros. Con estes recoñecementos, o alcalde asegurou no Pleno que se pagarán todas as facturas do 2025.

José Antonio Pereira volveu insistir en que este retraso no pago de facturas vén motivado pola forte débeda que deixou o goberno anterior, presidido por Andrés García Cardeso (PP), “e que estamos solucionando dende o actual goberno grazas a unha boa xestión económica”.

Pereira Gil volveu lembrar que cando asumiu a alcaldía a principios desta lexislatura, a débeda do Concello da Baña ascendía a millón e medio de euros.

Bonificación para Busto

A Corporación aprobou por unanimidade bonificarlle á Comunidade de usuarios de augas de Busto un 90% do imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) dos traballos de reposición de tubaxe da traída e depósitos de almacenamento e distribución. O alcalde explicou que o orzamento da obra ascende a 34.494 euros, pola que só pagarán 72,90 euros pola licenza de obra. Este punto debateuse no Pleno despois de que todos os concelleiros acordaran incorporalo á orde do día.

Moción polo Día da Muller

No pleno tamén se aprobou por unanimidade a moción do BNG relativa ao Día Internacional da Muller, na que Mónica González volve reclamar o compromiso do Concello da Baña na loita feminista, a igualdade real e efectiva e incorporar a perspectiva feminista de maneira transversal en todas as políticas municipais.

Tamén solicitar instar á Xunta e ao Goberno central a reforzar as políticas públicas de igualdade, con especial atención ao rural galego. Ana Pensado asegurou que o PSdeG comparte o espírito da moción e puxo en valor o traballo das mulleres bañenses.

Asegurou que o voto a favor do grupo socialista é un compromiso para seguir traballando dende as institucións para que a igualdade sexa real, efectiva e para que estea presente no día a día das mulleres da Baña.

O grupo popular tamén amosou o apoio á iniciativa do BNG e ás afirmacións da concelleira socialista. Andrés García Cardeso pediu que se dea traslado da moción tamén a Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: O pleno de Compostela move a cidade entre o ruído
Next: Noia licita o Servizo de Atención no Fogar

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.