Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A veciñanza da Baña opinará sobre as axudas da ordenanza de emerxencia social

a banha consulta emexencia social SLIDE 11 marzo 2025

O Concello da Baña abre un proceso de participación pública para a aprobación da Ordenanza de Prestacións Municipais de Emerxencia Social

O Concello da Baña pon en marcha un proceso de participación pública para recoller achegas e opinións sobre a futura Ordenanza Municipal Reguladora das Prestacións Municipais de Emerxencia Social.

Esta medida busca garantir que a cidadanía e as organizacións máis representativas poidan expresar as súa inquedanzas e propostas antes da aprobación definitiva da norma. O procedemento de consulta pública quedou aprobado mediante o Decreto 156/2025 da Alcaldía, con data do 3 de marzo de 2025, e permanecerá aberto durante un prazo de 7 días naturais dende a publicación do anexo na web municipal.

Recollerase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma. As achegas poderán realizarse a través da sede electrónica do Concello da Baña mediante o formulario dispoñible para a achega de documentación complementaria.

No apartado “código de expediente” deberá poñer: 2025/G013/000001. O acceso ao trámite de participación cidadá pode realizarse a través do seguinte enlace https://tinyurl.com/2b2jemdb

A futura Ordenanza Municipal ten como obxectivo regular as prestacións de emerxencia social no Concello da Baña, garantindo que as persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social poidan acceder a axudas económicas en casos de urxencia.

Estas prestacións estarán destinadas a cubrir necesidades básicas como a alimentación, os gastos sanitarios ou os custos de mantemento da vivenda.

O Concello da Baña convida a participar activamente neste proceso, achegando as opinións e suxestións para mellorar esta regulación esencial para o benestar da comunidade.

Post navigation

Previous: Os veterinarios tamén se manifestan
Next: Venta forzosa de 4 inmobles do casco antigo de Compostela

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.