Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Axenda
  • Xeral

A Baña celebra o domingo 3 de maio a II Carreira Popular

Percorrido máis accesible, máis trofeos e máis categorías participantes.

a banha segunda carreira popular 13 marzo 2026

A Baña, 13/03/2026 – O domingo 3 de maio celebrarase a II Carreira Popular Concello da Baña, unha cita que se consolida como un referente no calendario deportivo local e que chega con novidades para facer da xornada unha experiencia aínda máis participativa e atractiva.

Organizada polo Concello da Baña coa colaboración e supervisión técnica da Federación Galega de Atletismo, a competición manterá a liña de saída e de chegada na Praza do Concello, se ben o percorrido experimentará cambios respecto ao do ano pasado tras ter en conta as opinións e suxestións dos corredores da primeira edición.

Este ano optouse por un trazado con menos desnivel, o que permitirá facer as probas máis accesibles para todos os participantes. Ademais, o itinerario será máis céntrico, favorecendo que atletas e veciñanza poidan vivir con maior intensidade o ambiente deportivo que encherá as rúas do municipio.

Outra das novidades desta edición será o maior número de trofeos que se entregarán, así como un importante incremento das categorías participantes. De feito estas case se duplican, ao pasar das nove da edición de 2025 ás dezasete previstas para este 2026.

A Carreira Popular Concello da Baña está aberta á participación de todas as persoas, tanto federadas como non federadas, e inclúe categorías desde os máis pequenos da casa (biberón) ata os adultos e veteranos (Sénior e Máster). Deste xeito o evento busca promover a actividade física e o deporte en toda a comunidade, sen importar a idade ou o nivel.

As inscricións poden realizarse na web oficial www.carreirasgalegas.com ata o mércores 30 de abril ás 23:59 horas. A participación nas categorías escolares (de biberón a sub-16) é de balde, mentres que as inscricións nas categorías Sénior e Máster teñen un custo de 7 euros.

Os dorsais poderán retirarse na Casa do Concello o día anterior á competición, o sábado 2 de maio, entre as 17.00 e as 20.00 horas, ou ben no propio día da cita, ata media hora antes do inicio da carreira correspondente.

As probas comezarán ás 10.00 horas e continuarán ao longo da mañá, cunha distancia que vai desde os 100 metros para os máis cativos ata os 10 quilómetros para os adultos e veteranos.

Os horarios e distancias de cada categoría son os seguintes:

Biberón (2022 e posteriores): 100 m con saída ás 13.10 h

Prebenxamín (2019-2021): 200 m con saída ás 13.05 h

Sub 10 (2017-2018): 800 m con saída ás 12.55 h

Sub 12 (2015-2016): 1.200 m con saída ás 12.40 h

Sub 14 (2013-2014): 1.200 m con saída ás 12.30 h

Sub 16 (2011-2012): 2.400 m con saída ás 12.10 h

A hora de saída da proba de 5 km será ás 10.00 h e nela participarán as categorías Sub 18, Sub 20-23, Sénior e Máster. Pola súa banda, a proba de 10 km sairá ás 11.00 horas, disputándoa un total de sete categorías, desde a Sub 20 á Máster 4 e seguintes.

Ao igual que o ano pasado, para garantir a comodidade de todas as persoas participantes a organización ofrecerá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo de San Vicente e no Campo de Fútbol Antonio Martínez. Ademais, como novidade e a fin de evitar esperas, a entrega de trofeos levarase a cabo ao remate de cada unha das probas.

Premios aos deportistas locais

O Concello da Baña recoñecerá o esforzo dos atletas participantes entregando trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, así como aos tres primeiros en cada unha das probas de 5K e 10K.

Os deportistas locais que ocupen os tres primeiros postos en 5K e 10K tamén serán premiados, así como os tres primeiros clubs da carreira absoluta.

Este evento, do que de novo todos os participantes levarán un agasallo de recordo, amosa o compromiso do Concello da Baña coa promoción do deporte e da actividade física entre a súa veciñanza.

Post navigation

Previous: Presentado o cartel das Festas de Pascua de Padrón
Next: Cualifican de “trapallada” os cambios na senda entre o Milladoiro e a Intermodal

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.