Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña celebra este domingo a XXII Festa da Filloa da Pedra

Alonso Caxade dedícalle unha canción á Festada Filloa da Pedra da Baña, que xuntou miles de persoas

Voluntarias e voluntarios facendo filloas da pedra

Xa está todo preparado no Concello da Baña para que este domingo, 8 de febreiro, a XXII Festa da Filloa da Pedra volva postularse como un dos referentes gastronómicos de Galicia. Ante as previsións meteorolóxicas, a mensaxe é de tranquilidade: a festa non só segue adiante, senón que o fai reforzando a súa loxística para que o público poida gozar de toda a programación.

Co obxectivo de garantir a comodidade das persoas asistentes, a organización ten todo preparado para que a festa se desenvolva totalmente a cuberto, con carpas habilitadas e actividades no pavillón municipal, permitindo gozar da xornada con normalidade ao longo de todo o día.

A Festa da Filloa da Pedra é unha celebración que combina gastronomía, tradición, música, artesanía e inclusión social. O ano pasado elaboráronse entre 7.000 e 8.000 filloas, e nesta edición volverán estar en funcionamento 35 pedras, facendo das filloas o eixo central dunha xornada pensada para todos os públicos.

Programación con deporte, música e tradición

A xornada arrancará ás 09.30 horas coa degustación de filloas e desenvolverase ao longo de todo o día cun programa variado que combina deporte, tradición, música e cultura popular.

Ás 10.00 horas celebrarase a II Ruta Ciclista da Filloa, seguida, ás 11.00 horas, dun obradoiro de treboada. A música tradicional terá un protagonismo especial a partir das 12.00 horas coas actuacións da Escola de Música Tradicional da Baña e de As Atrevidas de Monte, mentres que ás 12.15 horas terá lugar un obradoiro de cestería tradicional.

O pregón, a cargo do escritor Manuel Iglesias Turnes, pronunciarase ás 13.30 horas, dando paso ás 14.00 horas ás actuacións do Trío Alborada, Bouba e A Requinta de Lampai.

A xornada culminará ás 19.00 horas cun concerto de fin de festa a cargo de De Ninghures, un dos grupos galegos con maior proxección actual, que poñerá o broche de ouro a unha edición marcada pola tradición, a música e a participación popular.

Dende a Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía tamén se destaca a vertente social da festa. Este ano, o merchandising oficial foi deseñado pola Fundación Discapacitados Psíquicos Barcala.

O posto de venda estará operativo durante toda a xornada, permitindo aos asistentes colaborar cun proxecto de inclusión social mentres levan un recordo da festa. Tamén está habilitado o correo fundacionnegreira@gmail.com para pedidos.

Post navigation

Previous: A fame silenciada nos Luns do Ateneo
Next: Dirty Suc, cabeza de cartel Do Ulla Fest 2026

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.